FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 14 de outubro de 2008

A DEFENSA DO MALPICA FAI "AUJAS"

Os veteranos do Malpica esperaban un asedio encarnizado por parte dos guerreiros do San Lorenzo, a loita foi sen cuartel, pero o final o capitán Douradurix tivo que rendir a praza, e deixar que os rivais se levasen un punto de "Pedra Queimada".
O equipo loitou toda a primeira parte, e pouco a pouco o rival foi retrocedendo e encaixou dous goles. Na segunda parte a defensa non dou pé con bola, nin a bola co pé, polo que aproveitou o San Lorenzo para empatar a contienda. Os análisis realizados despóis do partido ós xogadores do Malpica deron positivo en sustancias prohibidas pola organización, (viño de brik).


Ningún comentario:

Publicar un comentario