FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 14 de outubro de 2008

DESEMBARCO DO SAN LORENZO EN MALPICA







Desembarcou o San Lorenzo no Peirao de Malpica con moi malas pulgas, coa intención de non deixar supervivientes entre os veteranos de Malpica. Os malpicáns coñecedores das súas intencións, esperaban unha batalla campal. Mentras tanto os guerreiros do San Lorenzo facían unha escabechina na poboación local, requisaron a "auga de fogo" dos bares, deixaron secas as reservas de viño do "Marques de Coes", e "Condes de Savin".

Os mutilados e feridos contábanse a milleiros, o honor de moitas mulleres foi mancillado, tamén o de algún que outro home. Os veteranos do Malpica contemplaban atónitos as escenas de pánico dos seus veciños e familiares.

De repente, un escalofrío recorreu os corpos dos veteranos, (nalgúns tardou máis en recorrelo - enténdase a relación perímetro/jrasa corporal), eran os "vikingos" do San Lorenzo, con gañas de sacar algo positivo do fortín de Pedra Queimada. O final, nin pa tí nin pa mín, un empate a douses, unha duchiña e seguir bebendo auga de fogo, ata quedar insconcientes coma de cote.



Ningún comentario:

Publicar un comentario