FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de outubro de 2008

SAN LORENZO 2 - MALPICA 2


Partido con novedades. Para empezar, xogouse en Pedra Queimada e con moita niebla ao principio. Non poidemos contar co noso entrenador Martuxa (lesionado), facendo as suas funcións Dourado. Tampouco viñeron os 3 dianteiros que temos (Esmoris, Richard e Ramón Angel). Na primeira parte conseguimos marcar dous goles por medio de Carlos e Añón. Xogouse ben en toda-las líneas ainda que o San Lorenzo tamén tivo tres ocasións nas que tirou o balón aos paos. Na segunda mitade,saimos ben pero no transcurso dos minutos fomos perdendo a forza que tivemos e o San Lorenzo conseguiu remontar con goles de Roberto Fuentes e Juan Cancela, o primeiro nun balón que non acertaron a despejar os nosos defensas cando tiñan toda a ventaxa para facelo, formándose un barullo na área pequena, que solucionou o equipo rival cun tiro a boca de xerro, que ,medio rebotado, entrou mansamente na portería. O segundo foi consecuencia dun balón controlado por Guillermo na media e en lugar de xogalo cara adiante , enredouse, perdiuno e foi parar ao dianteiro que estaba libre de marca e bateu a Manolito.
En canto ao árbitro Juan temos que decir que nos gusta como arbitra. Ten carácter e a mesmo tempo dialoga bastante cos xogadores. Sempre che comenta o que pita ainda que algúns non o queiran entender. Tivo algúns momentos no primeiro da segunda parte en dónde pitou bastante a favor do San Lorenzo, pero en líneas xerais estivo ben. Por outro lado, seguimos tendo partidos bastante limpos, creo que ningún dos dous equipos pode queixarse de levar patadas. Dámoslle ao trencilla un 2.

2 comentarios:

  1. eu dende a miña posición como comentarista vin como tres xogadores do san lorenzo lle entraban a Guillermo; un a altura do nocello outro polo xeonllo e o derradeiro mordialle unha orella,e normal que perdera o balón...

    ResponderEliminar
  2. iso estiven a puntiño de poñelo, pero creín que alargaba moito a crónica. olvidaste tamén do cuarto home que iba correndo ao seu lado e lle decía de seguido "vas fallar, vas fallar, vas fallar..."

    ResponderEliminar