FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 7 de outubro de 2008

FÚTBOL DE MOITOS QUILATES


O equipo do Leiloio, chegou o Campo de Pedra Queimada, con moito respeto; sabían que diante tiñan un equipo moi competitivo maxistralmente dirixido polo entrenador local, "Marturhana".

No campo mascábase a tensión, había medo escénico, e despois dos actos do folclore da zona, o equipo estaba tocado, non tuvo resposta ó vendaval de xogo, a aposta de toque e desmarques contínuos que propoñía o entrenador local, Marturhana.

O equipo visitante viña moi ben armado e coa sola intención de levar un resultado positivo para a súa casa, e para elo adoptaron a táctica de defender con todo o que tiñan, cunha unha defensa férrea, aguerrida e sen fisuras, e dicir a táctica do autobús. A piques estuvo o Leiloio de dar un susto o Malpica, coa portería baleira fallaron unha ocasión crara de gol, a pena e que aínda non empezara o partido.
Foi un partido de guante branco, a pesar da rivalidade, donde o triunfo se decantou pola maior puntería dos locais, Richardson (1) e Monchinho Anxelao du Ceo (2).
- ¡Como no teñan mellor puntería noutros lados, as súas donas van amañadas!.

6 comentarios:

  1. nace un novo derbi Malpica-Leiloio...¡mais madeira!

    ResponderEliminar
  2. Compañeiros xa sodes uns auténticos craks deste conto. Isto é o millor complemento dos partidos, este mundo cubernético da carallada blogueira, bueno, sen olvidar o "terceiro tempo", é dicir o dos viños. A ver se facemos nós tamén un cursiño intensivo do photoshop e podemos aportar algo á farra. Sáudos e a seguir así.

    ResponderEliminar
  3. Justoume iso do tereiro tempo

    ResponderEliminar
  4. camiseta rojiblancaaaa? desde cando?....do atleti?...ou do sporting?....ay mi madriña como ta o contoooo

    ResponderEliminar
  5. poñéndonos "serios", resulta que a 2ª equipación que tivo o Malpica desde que se fundou, aparte da azulada, foi esa precisamente. e poñéndonos "non tan serios" non poñémos esa equipación cando vamos a xogar ese "terceiro tempo" (a mín tamén me gusta o nome), non queremos estropear o momento.

    ResponderEliminar