FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de outubro de 2008

DEP. CARBALLO 3 - MALPICA 6











Partido xogado con brétema espesa e con moito xogo limpo contra un equipo co cual simpatizamos enormemente, con Camilo e compañía.
Na primeira mitade saimos dormidos e, no seu primer ataque, o Dep. Carballo colleu desprevenido a Manolito e meteron gol de cabeza. Para non ser menos, nos tres primeiros ataques que tivemos nos metemos dous goles, por medio de Richard e Guillermo en duas "melés" na área pequena. Parecía que tiñamos controlado xa o partido pero , nun fallo do árbitro, os rivais marcaron en fora de xogo. Na segunda mitade conseguimos meter o terceiro en falta sacada por Añón e o cuarto , quizáis o máis bonito do partido, xa que Esmoris meteulle en profundidade un balón a Castriño, que desfacía o fora de xogo e marcou. Non se rendeu nunca o Dep. Carballo e aminora distancias, facendo o 3-4. Unha segunda falta sacada por Añón e outro gol de Guillermo, hoxe moi concentrado no partido, fan o definitivo 3-6.Quizáis acabamos mais enteiros o partido que os nosos rivais. Os goles do Dep. Carballo foron obra de Jesús Puente, Santiago Veiga e José Mejuto.
En canto ao árbitro, qué vamos a descubrir de Rama. E moi autoritario, cando o que seguramente lle iría mellor é dialogar cos xogadores. E si non quere dialogar que se limite a arbitrar pero con algo de cabeza e de saber estar. Hai cousas que ten que evitar, non se lle pode decir a un dos nosos que si o noso xogador Carlos (ao cual meteulle amarela por caer nunha xogada por empuxón dun rival ainda que él non protestou nada) seguía no campo na segunda mitade o expulsaba. Esas formas teñen que desterrarse de esta liga.Ademais, sendo como era un partido de guante blanco. Tampouco vamos a cargar mais as tintas. De nota dámoslle un 1.

5 comentarios:

  1. A brétema non sería o fume das bengalas do Frente Parrochiña?....mmmm, non sei.

    ResponderEliminar
  2. non, que non os deixaron entrar. oianse fora cos tambores e demais. o que sí deixaron entrar foi as animadoras. ¡ machistas do carallo!

    ResponderEliminar
  3. Hei....que sorte tendes...poder descansar ata o día 9, oiches ¿non vos importaría ir xogar no noso lugar o domingo contra o Bértoa?, digo por aquelo de que non perdades a forma porque arrincantes coma motos, e total nós ainda que non xoguemos non nos íba a afectar, porque a nosa forma.....perder de todo todo.....ainda non a perdemos.....MALDITO STAGE DE PRETEMPORADA O AIRE DOS PINOS DE MONTENEMO JODIUNOS BEN JODIDOS..

    ResponderEliminar
  4. veña home,que vamos a acabar chorando todos. xogome o que me toca xogar si non vos reides todos xuntos diante do churrasco.e do que lle toque.

    ResponderEliminar
  5. non vin o partido pero creo k fui un partidazo . tal y tal

    ResponderEliminar