FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 27 de outubro de 2008

O JET-LAG


Esta semana vamos a falar do jet-lag. Esa palabreja tan rara define aos que teñen descompensados os seus hábitos ben porque se trasladen en avión durante moitas horas(por exemplo, cada ano cando se xoga a Intercontinental), ben porque haxa un cambio na hora,... O de agora non ten explicación. Xogamos as 10 pola hora nova, (ou sexa, as 11 da mañá pola hora antigua), e decir, a de sempre. Non sabemos cómo c... o noso xogador Javier Añón despertou as 11,15 h. E decir, pasou no partido hora e cuarto que non se enterou de que estaba nun partido de fútbol. E mais, veu co seu pixama a xogar, tal e cómo atestigua a foto que lle sacamos. En ese tempo nin se moveu. E por arte de maxia, as 11,15 despertou. Coincidiu con que tiña que tirarse unha falta. E foi él, sacouna e marcou. E despois fixo o mesmo noutra falta.Eso sí que se chama a lei do mínimo esforzo. Grazas que non cobra grandes emolumentos, que si non...

2 comentarios:

  1. Mais minutos para Añón!!! e lojo como fan as grandes figuras? entran en xogo cando fai falla, solucionan o partido e deixanlle os laureles para os demais.
    Estase a desaproveitar un grande talento....MAIS MINUTOS PARA AÑÓN!!!

    ResponderEliminar
  2. cómo podedes comprobar na lista que puxemos, vai de máximo goleador do noso equipo. e eso que non desperta moi a menudo.

    ResponderEliminar