FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 2 de outubro de 2008

ESCÁNDALO EN "GUAL STRIT"


Según fontes confidenciais do clube de veteranos do Malpica, afincadas en Washington, o plan de inxección de 700.000 millóns de dólares en "Gual Strit" de George Bush, é unha tapadeira.

O presidente do clube de veteranos de Malpica, é amigo persoal do cociñeiro da Casa Blanca, oriundo de Cospindo, e despóis de facerlle o carnét de socio ó presidente do E.E.U.U., éste interesouse pola marcha do equipo.

Despóis de ollar vídeos do equipo, quedou fascinado (as malas línguas din que quere mandar ó equipo, xunto ós talibáns, en Afganistan para desmoralizalos). A súa aspiración é levar ó equipo a xogar a Intercontinental, e para elo vai a realizar unha política importante de fichaxes pero a maior inversión vai a ser na suba das nóminas dos actuais xogadores, para evitar que se marchen os talentos que manexan o equipo (Fernandinho do Nascimento, Chuchov, MacGuasi, Albertinhao, Manolisnky, Saleirinho do Santos, Lanchov, Esmorisinho e algún crack mediático máis; o resto vainos a meter nunha patera rumbo as Sisargas.

13 comentarios:

  1. buenoooo....estoy marcha...marcha ben, así me gusta. Non se pode dicir que non aprederades rápido, esto vai ser a hostia. ¡Liga cibernética xa!. Saúdos e a seguir que xa logo é máis divertido esto que xogar oa futbol.

    ResponderEliminar
  2. non, ao fútbol tamén temos que divertirnos, vos xa o sabedes do partido que xogamos fai pouco.

    ResponderEliminar
  3. Hola, cibernautas. Son un forofo dos veteranos da scd.e un asiduo dos partidos, e a partir de agora tamén deste foro.
    Un saudo a todos e xa falaremos.

    ResponderEliminar
  4. Vai haber que doblar esforzos pra manter o nivel.....¡ei ven Tono!...jajaja

    ResponderEliminar
  5. hai que ir pensando no trofeo o Blog do Ano

    ResponderEliminar
  6. eu tamen coño...eu tamen,tamen quero saudar a ese club do malpica que conta con eses jrandes xogadores do ftbole e que nos deleita tantas mañans con esas xojadas coño,que tantas veces decimos que o de novo baile ben de de vello dalle xeito,e tamen animalos pra k sijan a xojar asi e disfrutar,por que o futbole de veteranos e pra disfrutar aunque ajora coño, o conto parece mais de jañar k disfrutar. De cando en ves vexo algun partido de ese futbol de veteranos,claro que non sempre poido debido a que a muller ceibame o can , pero recoño o dia k poido ali estou como un clavo a ver ,Esmoris,Manolito,Fernando,Varela Amado,Ramon Angel, que da gusto ver como xoja chispas,o que non sei e por que de eses que marcharon que sejun din foron pra Nanton, a verdade que non o entendo, pero creo que eles o perderon.
    bueno xa dixen,

    saudiño a todos.

    ResponderEliminar
  7. A verdade é que non sei se é debido a idade, pero o partido que xogamos en Malpica na pre-tempada foi ou que eu definiría como un auténtido partido de veterenos. Con calma, con toque, sen patadas, con goles bonitos y sobre todo divirtindonos todos.. Sí señor, un partidazo de veteranos no que disfratamos todos..Saúdos desde Cances. Ah! é de momento na liga de blogs aínda non temos nada que facer porque o Carioca lévanos duascentas cabezas de distancia. Felicadades ao Cabana, aínda que vos podedes ser un riva a ter en conta...tempo o tempo.

    ResponderEliminar
  8. Bembidos a este mundo da cibermética,espero que este ano dades un empuxon e haber se subides a primeira.Saudos

    ResponderEliminar
  9. este mister do cereo falta fai que lle dea mellor como mister....

    ResponderEliminar
  10. Ese mister do cereo.......Se todos puxeran as ganas que pon el,e animaran os compañeiros o que el anima,mellor....

    ResponderEliminar
  11. Este mister do Cereo...
    non vos metades con él
    as ofertas danlle mareo
    andan todos detrás del

    Este mister do Cereo...
    ten a cabeza a estoupar
    eu casi que non o creo
    das ofertas que ten pra estudiar

    E se renova coidadiño
    que o proyecto a dous anos
    e deixar as Peñas rapidiño
    e arrasar en Veteranos..

    ResponderEliminar
  12. Este mister do cereo...
    xoga cando lle da a gana
    dixeron,eu non o creo
    que po ano vai po cabana

    ResponderEliminar
  13. A afición eche ben sabia
    volo dijo de corazón
    que o entrenador do Cereo
    non cheja come-lo turrón

    Espabilade aficionados
    e mandadeo o carajo
    si janades algún día
    sonche cousas de milajro

    Vou a parar un pouquiño
    porque a cousa se desfasa
    non vaia a ser o demo
    que veña ata miña casa

    O importante é xogar
    e dar algunhas patadas
    a a veces polas noitas
    dar algunhas lambetadas

    ResponderEliminar