FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de outubro de 2008

MALPICA 3 - LEILOIO 0

Partido que xogamos contra un dos novos equipos de esta liga. Sin problemas na primeira metade, salvo un roce entre Esmoris e o nº 13 do Leiolio, Manuel García Villar, que arranxou con moita man dereita o su mister Michel sacando a éste último do campo para que non fora a máis. Chegamos ao descanso con un marcador de 2-0, con goles de Ramón Angel e Richard, ainda que poido ser mais abultado (o seu mellor home foi, sin dúbida, o seu porteiro Luis, que sacou outros dous ou tres goles cantados). Na segunda mitade, con lixeiro vento en contra, controlamo-lo partido, ainda que o Leiloio buscou mais a nosa portería. A contra, tivemos otra oportunidad con un penalti pitado a noso favor errado por Ramón Angel que tirou con pouco convencemento, prácticamente ao sitio do porteiro. Posteriormente foi Castriño quen marcou o 3-0 en xogada reclamada polo equipo rival porque estimaban fora de xogo. Nas postrimerías do partido houbo una falta a favor do Leiloio. Lanzouna maxistralmente o seu xogador nº 14 (José Núñez Martelo)e o balón entrou na portería (ao noso entender foi gol) e o árbitro anulouno, pitando casi ao momento do saque, porque un dos nosos xogadores da barrera, Richard, saliu antes. Levouse unha tarxeta amarela pero a xogada finou beneficiando ao équipo infractor.
En canto ao árbitro, Martín, non tivo grandes problemas. Ainda así, aplica mal o tema das faltas que un equipo ten a favor. Si non se pita a falta e o equipo segue xogando e perdea posteriormente, non se pode pitar a falta orixinal. Pode pitarse cando é dentro da mesma xogada pero non despois. Con todo, e recoñecendo que sobretodo o equipo rival non llo puxo fácil, sobre todo despois de anularlle o gol, vamoslle a dar un 2.

1 comentario:

  1. alegrome de que todo vai ben.supoño que se nota a man do mister despois de ese tempo sabatico que se tomou. sorte e uha larga! e xa sabedes? ¡EQUIPO ARRIBA!

    ResponderEliminar