FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 21 de outubro de 2008

RENACE A POLÉMICA DA NOVA INDUMENTARIA DO MALPICA




Son moitos os xogadores do Malpica que non se acostuman o novo diseño e os novos colores da camiseta dos veteranos; aínda que supuso unha inxección económica moi forte, a xente é reacia a lucir a publicidade do novo patrocinador "Parrochiñas in the Night", polo que algúns veteranos, en discordancia coas novas directrices dos patrocinadores, optaron por lucir a sùa propia indumentaria, por que dín (según eles), que é máis favorecedora, e dicir, máis española.




Por elo, dende este humilde clube pedímoslles os internautas que voten pola indumentaria que eles creen que é a máis idónea para honrar a memoria deste equipo centenario (de Osborne), mandando un SMS a 2345 "TAS JUAPA OH" si queren a de cor vermella con franxas negras ou outro SMS a 2346 "XACHEVALE" si vos gusta máis o vermello, si optades por unha terceira opción mandade outro SMS a 2347 "CAMPASDECARALLO".


Esperamos as vosas chamadas....

3 comentarios:

  1. o teu é de escándalo meu, vente pa cabana pro ano e facemos unha escabechina campal

    ResponderEliminar
  2. Desde logo a vosa imaxinación e infinita, e o dominio do photoshop tamén. Non lle queda mál a vestimente a Dourado, non señor, aunque para o meu gusto é algo grande....debía de enseñar máis perna....je...je. Carioca, compañeiro saiuche un oso duro de roes...Seguide así os dous blogs que xa moita xente deixou as suscripcións na Voz, no Ideal, no Pais, no Mundo....etc e agora dedicanse a ver os blogs porque se divirten máis.

    ResponderEliminar
  3. Fáltalle o caravel no pelo e listo! Xa non digo pendientes, porque se ve que son algo incómodos á hora de correr campo arriba e campo abaixo. As medias podédelas aproveitar da antigua equipación e as botas... case que tamén. Non estaría nada mal... Seguro que a afluencia de público ó campo aumentaría en bo número. Poderíades cobrar entrada e todo... a un "ouriño" por cabeza igual se recaudaba para unhas cañas ou para un xantar. Pa pensalo eh?

    ResponderEliminar