FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 23 de outubro de 2008

UN CABANA SABROSÓN


A embajada venezolana en España, confirma os rumores, que eran a comidilla nas partidas de tute e julepe nos bares de Neaño, no día de onte. O presidente Hugo Chaves en persoa reuníose de incógnito co presidente do Equipo do Cabana de Veteranos, Nicolás Rafosy, na casa da "Jenara" donde degustaron unhas labras de chopped, regado cuns "jolpiños" de jres Sansón, para falar da compra, pola empresa venezolana "Jas Sabrosón", do clube de veteranos, donde pasaría a ser a imaxe de Venezuela por todos os campos da zona da Costa da Morte. A conducta intachable e cristiana dos integrantes do equipo foi o que decantou a Hugo Chavez a fixarse neste equipo.

- Cumplen la mayoría de los mandamientos, pero sobre todo el más importante "Honrarás las fiestas" - señalaba categóricamente el mandatario.

Nas escaleiras do avión cedido polo comité de arbitros, o "Queen Lostrejo", deixou caer unha frase lapidaria: " Me gustaría que el Kun jugáse alguna vez en estado sobrio" - añadeu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario