FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 17 de novembro de 2008

O VIMIANZO SALPICADO POR ACUSACIÓNS DA UTILIZACIÓN DE MEDIOS ILÍCITOS NO "JOGO LIMPO"


¡Pasounos unha apisonadora por encima!
Axudado pola falla de moitos xogadores que decidiron quedarse na casa, seguramente terá algo que ver a desaparición de duas caixas de "Bisajra" do botiquín do equipo, e sobre todo pola ausencia dos tres porteiros; o Vimianzo aplastounos deportivamente, primeiro con goles e despóis cunha máquina prestada por unha importante empresa de construcción do lugar.

Por riba hai que denunciar a utilización de medios antideportivos: a contratación de persoal feminino por parte do Vimianzo, para desmoralizar e despistar os xogadores en xogadas claves; como ocorriu no lanzamento do penalty, lanzado por Litos, quixeron probar o balón oficial da vindeira tempada co anagrama dunha coñecida marca de crema solar, e non contentos con elo, cunha garota da praia de Copacabana para acabar de rematá-la a integridade do noso xogador - porteiro, Abel, e tirando catro balóns a vez.
¡Esperamos que o Comité da Federación colla o toro polos cornos e erradique dunha vez por todas estas prácticas inhumanas e vexatorias! ¡Sobre todo o dos balóns; o da danza étnica sempre se pode aprender algo dela......!

1 comentario:

  1. Canaaainas pa encherola.

    Parece que hai crisis extrema na marajota... sobre todo de porteiros.

    ResponderEliminar