FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de novembro de 2008

VIMIANZO 8 - MALPICA 2



Empezamos esta crónica decindo que dos tres porteiros que temos en plantilla, xa fora por enfermedad ou accidente (que sí a houbo) ou por maula (que a sospeitamos) non veu ningún. Co cual empezamos a primeira mitade con Ramón Angel de porteiro. E para non ser menos que noutros partidos nos primeiros dous ataques do Vimianzo marcaronnos dous goles. Parece calcado dos partidos anteriores. Saimos moi pouco concentrados. E a partir de encaixa-los goles, tamén como nos outros partidos, empezamos A XOGAR AO FUTBOL. Xogamos desde o minuto dez os 25 minutos mellores desta tempada. Froito deso conseguimos empata-lo partido. Nun balón suelto o Vimianzo conseguiu face-lo 3-2 (protestado polos nosos por considerar fora de xogo).
Na segunda mitade empezamos ben, pero o Vimianzo conseguiu facernos outro gol. Mais añadiuse a lesión de Esmorís. Queimando as escasas oportunidades que nos quedaban, cambiamos de porteiro poñendo a Abel no sitio de Ramón Angel (que pasou a dianteira). Abel tampouco é porteiro (bastante fae con poñerse na portería) e coa debilidade da nosa defensa, sin querer desmerecer os méritos do equipo rival, tiros que parecían fáciles pasaron a engrosar o marcador, tan abultado que parece un partido de hockey. Os que nos golearon: José Costa, Ramón Blanco (2), Francisco Soto, Juan Seoane "Litos" (2), José Rodríguez y Pablo Aller. Pola contra, as nosas (que tamén as tivemos, coma sempre) non conseguiron ser goles.
Non temos nada que decir de Esteban. Os nosos defensas protestaron o 3-2 por presunto fora de xogo.Foi a única protesta gorda que fixemos. Pero, en líneas xerais, non decidiu nada. Arbitrou bastante ben. Tampouco houbo xogo sucio que o poidera meter en apuros. Non se meteu en camisas de once varas pitando cousas sin xeito. Estamos contentos no sentido de que os últimos arbitraxes que tivemos foron feitos por colexiados que pitan con algo de sentido. E, como a Isidro, damoslle outro 3.

Ningún comentario:

Publicar un comentario