FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de decembro de 2008

LEIOIO 2 - MALPICA 1











Partido xogado contra o rival e contra o campo, que non é o mais indicado para xogar ao fútbol. Por non ter non tiña nin auga quente nos vestiarios, cousa que se reflexou na acta. Xa lle tarda aos equipos da zona non xogar en Buño, non se sabe a que razón, tonta ou non, obedece que non esté entregado o campo recién renovado. No partido houbo dous protagonistas: o primeiro foi o seu xogador nº 13, que xa armou o belén no partido de ida e esta vez tocoulle aguantalo a Añón. O segundo protagonista foi o árbitro Rama, que, en lugar de ir a xunto deles e zanjar todo con unha amarela para cada un dos xogadores, ou unha roxa si o estimaba pertinente, deixou que subira mais a tensión, e zanjouna cando lle pareceu con unha amarela para o xogador do Leioio (que estaría mellor na sua casa que xogando un amigable partido de veteranos) e unha roxa a Añón por despedirse decindolle "Cando queiras vamos para afora, subnormal". Todo eso a punto de chegar ao descanso. E dounos a razón Rama a todo-los que opinamos así porque na segunda parte debía haber expulsado a Suso con roxa directa e nada mais fixo que poñerlle amarela (o cual non serviu de nada porque de seguido puxolle a segunda que supoñía expulsión).
En canto ao partido, outra cousa que hai que resaltar: xa imos acumulando bastantes lesionados: Tino, Alberto, Chucho, Carlos... e algúns outros renqueantes, polo que solo tivemos un cambio. O Leioio sabe o que ten no equipo: dous bos lanzadores de faltas, Jose e Nacho, e prácticamente o seu peligro chega nesas faltas que sacan. Na primeira parte, no seu primer ataque (e van...) marcou o seu primer gol por resbalón de Manolito (ainda que non creo que poidera facer nada, Luis tirou moi ben a falta). Tivo duas ocasións mais, a última das cuales tirouna Nacho e entrou a rentes do largueiro, con bastante parsimonia por parte de Manolito. A partires de ahí, primeiro con once, logo con dez e casi toda a segunda parte con nove, puxemos cerco a portería do Leioio. A estrela deles foi o seu porteiro, Juan, primeiro a un tiro a boca de xerro de Guillermo, na parada mais bonita que vín nesta temporada.
Na segunda mitade non salían do seu campo hasta que quedamos nos con nove. Pero tamén nos xogamos bastante mellor que o facíamos, e conseguimos acortar nun balón en largo que sacamos da defensa, con pase final de Esmorís a Richard que a enviou ao fondo das mallas.










De Rama teño que decir que empezou moi ben, creín que iba a subir nota, pero a fastidiou moi fastidiada na xogada antes comentada. A partir de ahí torceu toda a sua actuación. Sigue coa mesma puntuación que lle habíamos posto anteriormente (un 1).

Ningún comentario:

Publicar un comentario