FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 16 de decembro de 2008

OS VETERANOS DE MALPICA QUEREMOS DESEXARBOS UNHAS BOAS FESTAS EN PAZ (E CON SAUDE)


Cómo estamos nunhas datas entrañables, para celebrar en familia, reunimos ao noso coro dos veteranos, formado por xente do equipo e alguns coñecidos(si queredes ver mellor a foto pinchade duas veces nela), para dedicarbos un villancico. Poñedelle a música das "muñecas de famosa" e a letra dí así :



Os veteranos de Malpica
vanse xuntos ao portal
para pedirlle ao neno
unhas birriñas que tomar.

Dí o neno, que non é tonto:
ide todos traballar
que son novo, estou no paro,
e non teño cartos para ná.

Taberniñas de Malpica,
quen as poidera pisar,
espero pasar dos trinta
para en veteranos xogar.


¡¡¡¡¡¡¡ FELICES FESTAS !!!!!!

2 comentarios:

  1. A.C.D.VETERANOS DE PONTECESO quere desexarvos a todo ese grupo que formades os Veteranos de Malpica unhas Felices Festas e Próspero Aninovo.

    ResponderEliminar
  2. jajaja, moi bo Tono. Vaia selección fixeches pra postal. Noraboa polo humor, a seguir asi, que esto é o mellor da liga dos veteranos.
    Boas Festas e Bo ano novo.

    ResponderEliminar