FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de abril de 2009

NANTÓN 3 - MALPICA 0

Bueno, a cousa non foi para tanto. E mais, creo que foi un partido cuyo resultado foi exagerado para os méritos de ambos equipos sobre o terreno de xogo. O tempo foi excelente para a práctica do fútbol, non así o campo que estaba algo deteriorado por zonas. Nos xogamos bastante en cuadro (tres cambios, que foron menos despois por lesión de Alberto) e eles tiñan sobre sete xogadores para as sustitucións.
Na primeira mitade o Nantón saliu bastante confiado nas suas virtudes futbolísticas, pero nós plantamoslle cara, bastante ben situados no terreno de xogo. Houbo unha ocasión para cada equipo: a nosa desperdiciuna Richard por facer un quiebro de mais, a deles cabeceuna moi ben Victor Froxán pero Chouciño fixo unha boa parada. Houbo outra xogada para a polémica porque eles pediron un penalty, pero, sinceramente, Esteban estaba a tres metros e creo que viu moitísimo mellor o que pasou que o poidemos ver os que estábamos a favor ou en contra de que o pitara.
Na segunda mitade saimos con bastantes ganas. Empezamos a domina-lo xogo e tivemos duas ocasións para marcar: unha moi boa na cual Richard fixoo casi todo pero ao tentar botar a pelota fora do alcance do porteiro mandouna fora, con todo a favor para que fora gol. Tamén houbo despois unha entrada a Ramón Angel que poido ser penalty pero o árbitro dixo que era falta ao borde da área.
Aos vinte minutos do segundo tempo o Nantón empezou a ir cara diante e a domiña-lo xogo. Empezaron a crear bastantes ocasións e a fallalas. Foi entonces cando o seu nº 20, David Varela, éste para nada renqueante, colleu o balón ao borde da área e de tiro colocado marcou. Seguiron mandando no xogo e meteron dous goles mais, outro mais de David e un de Victor Froxán, que de impecable cabezazo desde o borde da área estableceu o 3-0 que cerrou o partido, xa que ao saque de centro Esteban pitou o final.
En canto a Esteban, seguimos pensando que o seu é un dos mellores arbitraxes que hai en este campeonato. Equivocouse anulándolle unha ocasión de gol na segunda parte ao Nantón porque apreciou que o xogador que arrancaba co balón viña de posición de fora de xogo pero era que o balón que recibiu ese xogador procedía do noso central Suso, desfacendo por tanto a posición ilegal. Aos do Nantón direille que era moi fácil equivocarse nesa xogada. Creo que en líneas xerais podemos estar todos contentos coa sua arbitraxe. E volvemos a darlle un tres.

2 comentarios:

  1. Sodes un exemplo pra moitos equipos desta liga , a pesar das baixas e que a idade non perdoa , este domingo fixechedes un gran partido xogando sempre con cabeza sen perder o sitio e loitando cada balon , na tua cronica do partdio estou contigo ao 100 % , un abrazo dos vosos compañeiros do Nanton.

    ResponderEliminar
  2. o mesmo digo. creo que si todos nos respetamos así chegaremos vivitos e coleando a temporada que ven. que é do que se trata, sempre pasandoo co mellor humor posible. un abrazo.

    ResponderEliminar