Partido moi entretido o de esta tarde en Sofán. O tempo do partido ven dado nese campo polas suas características. Non vale de moito pretender toca-lo balón porque si os equipos son de entregados como os que estiveron hoxe o balón casi que non ten control posible.Quizás o resultado mais xusto para o que se viu fora un empate.
O árbitro do partido quixo ser protagonista. Pitou os dous penaltys (un a favor de cada equipo) que tiñan toda-las dudas do mundo e deixou de pitar outros dous ben mais claros, tamén a favor de un e outro equipo. Tamén alargou inexplicablemente o final. Bastante caseiriño foi o rapaz.
No medio, moita entrega dos deportistas e o Malpica adiántandose duas veces no marcador con rápida contestación do Sofán. Hasta que Manu Pardo transformou o segundo dos penaltys pitados. De ahí cara o final, asedio do Sofán e defensa numantina do Malpica para salva-lo resultado.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.