FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
Amosando publicacións coa etiqueta OS OUTROS PARTIDOS DA SCD MALPICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OS OUTROS PARTIDOS DA SCD MALPICA. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de xuño de 2017

COPA DA COSTA (SENIORS) : DUMBRÍA 1 - MALPICA 0 (O MALPICA CAEU EN CUARTOS DE FINAL)












A eliminatoria quedou 2-2. O Dumbría pasou polo valor dobre dos goles en campo contrario. Xogará as semifinais contra o Ponteceso.

Árbitro : Oscar Rego Martínez. Expulsou a Brais Lado no minuto 89.

Asistentes: Pedro Patiño e Alejandro Gesto.

Valoración arbitral: Arbitraxe moi casero. Non pitou para os dous equipos por igual porque mentras ó equipo da casa permitíalle meter o pé e non lle mostraba tarxetas, ós xogadores visitantes mostráballe cartón amarelo por simples protestas. Deixoulle ó Dumbría perder todo o tempo do mundo para, finalmente, non descontar casi.

Goles: 1-0 (min. 24) Martín tira desde lonxe. O balón, que parecía que o iba a atrapar Brais sin complicacións, escapaselle entre as pernas e entra mansamente na portería.

Valoracións feitas na web "Piratas de Muxía":


"Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Partido disputado desde o principio o final, bastante trabado con pouco fútbol. Pero tivemos as nosas opcións sobre todo na 1ª metade para marcar, e eles aproveitáronse dun error noso no 1-0. Ainda que seguimos fortes e metidos no partido. Dispuxemos de balóns parados e córners para facer dano mais eles andiveron contundentes. Non estiveron cómodos en ningún intre. Puido pasar calquera dos dous. Orgulloso da imaxe do equipo, loitando ata o final, e felicitar o Dumbría polo pase".

Adrián "Makaay", (Xogador do CF Dumbría) : "Foi un partido muy duro. Facía moita calor e era complicado. A primeira ocasión foi para eles nun remate de cabeza de Mario Casal que parou Iván. Pouco despois chegaba o gol noso, obra de Martin, nun erro do porteiro deles. A raíz de aí dedicámonos a defender e sair a contra pero non estivemos ben. Na segunda, eles buscaron o gol, pero só a balón parado tiveron algunha opción. Non pasamos moitos apuros. Nos tivemos unha clara de Darío que parou o porteiro, e duas miñas. Nunha falta, e nun man a man no que o porteiro estivo moi ben e paroumo. Noraboa o Malpica pola eliminatoria que fixo, e nos un pouco máis preto da Copa".


Declaracións de Iago (Capitán do Dumbría) en Radio Nordés (Nordés Deportivos 5/6/17) :

Onte estivemos moito mais serios, non pasamos apuros. Pasamos apuros de que a eliminatoria non estaba cerrada pero non nos crearon moitas ocasións... Para gañar temos que xogar mellor ó fútbol, si non igual non nos chega...A mín o Malpica gustoume moito. Claro, velo onte e velo na liga e non parece o mesmo. Pero a mín encantoume. Fixeron unha eliminatoria casi perfecta, por non decir perfecta. Pero bueno, nós tivemos esa sorte, marcamos un gol fora e onte o gol ese chegounos para pasar.

Valoración da eliminatoria e da copa

Moi bo torneo dos xogadores malpicáns que, salvo na paxara de fai quince días contra a Esteirana debido, si cadra, a levar un marcador favorable da ida moi abultado, no resto xogou moi ben. Esta eliminación non conta porque, como xa pasara no 2010, unha pingueira de boa sorte e a arbitraxe caseira decantaron a eliminatoria a favor do equipo mais grande (o Dumbría). Porque por xogo non foi. O Dumbría xogou a defender o gol marcado (que lle daba a clasificación) e a botar balóns en largo cara Adrián Mckay que acababan nos pés dos defensores do Malpica. Van ter que plantearse os equipos da Liga  da Costa e Terceira da Costa non participar si na mesma entran os equipos de preferente porque sábese con que axuda extra van a contar. Si para isto vai a valer a delegación arbitral en Baio, apaga e vámonos (hoxe faría falla no campo un delegado federativo, despois ascenden a este tipo de elementos, coma pasou con Alex López Vila na eliminatoria de 2010). Sorte ó Ponteceso, que a vai a necesitar toda si lle repiten este tipo de cousas.

domingo, 28 de maio de 2017

COPA DA COSTA (SENIORS): MALPICA 2 - DUMBRÍA 1








Eliminatoria de Cuartos de final da Copa da Costa - Partido de Ida.

Árbitro : Borja Sánchez García. Árbitraxe perfecta (Desexamos polo menos una cousa parecida no partido de volta). 

Asistentes : Adrián Pérez Rellán.
                   Pablo Rey Rodríguez.

Goles: 1-0 (min. 35) Leilán.
           1-1 (min. 42) Rivi.
           2-1 (min. 48) Eloy Cabeza.

Declaracións sacadas da web "Piratas de Muxía):


Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "Fixemos un partido moi serio en xeral, tanto en defensa como en ataque. Tivemos ocasións claras, sobre todo na 1ª parte e creámoslle dificultades en defensa. Foi unha pena o gol no último minuto da primeira metade por un despiste defensivo. Na segunda parte estivemos xuntos, e aguantamos ben, salvo algún rexeite ou balón parado nos que estivemos lentos. Saimos a contra creando perigo, chegando o 2º gol nunha bonita xogada con centro e marcando Eloy, incluso outra que por pouco non chega Leilán a bocaxarro. A nosa intención era ir con vida ante un gran equipo de superior categoria, que si os deixas pensar ten talento e velocidade para facerche dano en calquer momento do partido. Quédanos moito que sufrir pero neste encontro os xogadores vaciáronse, e temos que felicitalos polo esforzo que supón competir con estes equipos doutro nivel, que levaron a liga de primeira "de calle" e ascenderon a Preferente".


Iago, (Capitán do CF Dumbría) :"No partido o Malpica saíu con máis intensidade que nós. Non estívemos cómodos en todo o partido e nunca puidemos coller o ritmo de partido. A primeira ocasión do partido foi un remate de Aarón de testa, que rematou as máns do porteiro. Pouco despois puido marcar o Malpica cun tiro de Eloy dende a frontal da área, pero Iván desviou a corner, cun paradón. Non houbo moitas ocasións, pero o Malpica estaba sendo mellor. O primeiro gol chegou case o final do primeiro tempo, cun pase interior de Brais no que o interior esquerdo (Leilán) bate por baixo a Iván, no man a man. 5 minutos despois conseguimos empatar por medio de Rivi nun balón que lle deixa Aarón e fusila na área pequena ó porteiro. Chegouse así o descanso. O comezo da segunda parte Brais fai unha xogada por banda esquerda e saca un centro atrás que Eloy Cabeza, entrando, remata a gol sin que o noso porteiro poda facer nada. Despois intentamos apretar para conseguir o empate pero sin crear perigo e o Malpica aguantando e intentando sair a contra. Cáseque o final do partido un tiro meu dende o borde do área consíguemo sacar o porteiro cunha gran parada. En resumen o Malpica foi mellor, non pasou moitos apuros, e tivo as ideas máis claras ca nós".



sábado, 27 de maio de 2017

COPA DA COSTA INFANTÍL : PONTECESO 2 - MALPICA 4


Eliminatoria de cuartos de final da Copa da Costa. Partido de volta. Pasan a siguinte ronda os pontecesáns con un marcador favorable de 7-5.

Árbitro : Bruno Méndez Castro. A federación demostrou ca sua elección que non se enterou de nada do partido de ida, donde os siareiros malpicáns quedaron moi defraudados ca sua actuación e voltou a elexir ó cormelán para o partido de volta, algo que non é normal, por moito que arbitre en categorías altas. Incongruencia total. E voltou a non gustar, dirixíndose ós infantís malpicáns con pouco respeto. O de menos casi que foi a victoria neste partido. Porque os nenos van a aprender moi pouco de este tipo de cousas. 

Goles: 0-1 (min. 8) Luis.
          1-1 (min. 29) Iván Rey.
          1-2 (min. 35) Brais.
          1-3 (min. 55) Brais.
          2-3 (min. 70) Marco.
          2-4 (min. 77) Brais.


domingo, 21 de maio de 2017

COPA DA COSTA (SENIORS) : ESTEIRANA 3 - MALPICA 1













Partido de Oitavos de Final da Copa da Costa senior (Volta). O Malpica pasa a cuartos de final por un resultado global favorable de 6-4 e xogará os cuartos de final contra o Dumbría.

Árbitro : Martín García Novo.

Goles : 1-0 (min. 10) Pablo Rama.
           1-1 (min. 59) Brais Lado.
           2-1 (min. 68) Pablo Rama.
           3-1 (min. 84) Eloy Campos.

sábado, 20 de maio de 2017

COPA DA COSTA INFANTIL : MALPICA 1 - PONTECESO 5






















Partido de Cuartos de final da Copa da Costa Infantil (Ida).

Árbitro : David Vázquez Lema.

Goles: 1-0 (min. 23) Iván Blanco.
          1-1 (min. 31) Pablo Sánchez.
          1-2 (min. 53) Iván Rey.
          1-3 (min. 68) Joel Morales.
          1-4 (min. 71) Pablo Sánchez.
          1-5 (min. 79, penalti) Iván Rey.

mércores, 17 de maio de 2017

COPA DA COSTA (SENIORS): MALPICA 5 - ESTEIRANA 1















Partido correspondiente ós oitavos de Final da LIV Copa da Costa (Ida).

Árbitro : Diego Seoane Sánchez.

Goles: 1-0 (min.  7) Brais Lado.
          2-0 (min. 10) Cololo.
          3-0 (min. 13) Mario.
          4-0 (min. 27) Brais Lado.
          4-1 (min. 44) Tobío.
          5-1 (min. 67, propia meta) Tobío.

domingo, 14 de maio de 2017

LIGA DA COSTA (XORNADA FINAL) : MALPICA 2 - BAIÑAS 2













Árbitro : Alejandro Del Río Amor.

Goles: 0-1 (min. 22) Jaime Mata.
           1-1 (min. 29) Cololo.
           2-1 (min. 39) Eloy Cabeza.
           2-2 (min. 47) Pablo Muiño.

sábado, 13 de maio de 2017

COPA DA COSTA INFANTIL: SCD MALPICA 4 - CONCELLO DE ZAS 1 (TOTAL: 7-3)



























Árbitro : Bruno Méndez Castro.

Goles: 0-1 (min. 17) Nicolás.
            1-1 (min. 29) Luis.
            2-1 (min. 30) Raúl.
            3-1 (min. 65) Brais.
            4-1 (min. 75) Raúl.

domingo, 7 de maio de 2017

COPA DA COSTA INFANTIL: CONCELLO DE ZAS 2 - SCD MALPICA 3


Árbitro: José Prieto Bello.

Goles: 0-1 (min.  7) Luis.
          1-1 (min. 27) Isaac.
          1-2 (min. 37) Luis.
          2-2 (min. 66) Adrián.
          2-3 (min. 80) Raúl.

sábado, 6 de maio de 2017

LIGA DA COSTA : LAXE 2 - MALPICA 6



Árbitro : Antonio Miguel González Rey.

Goles: 0-1 (min. 23) Cololo.
          0-2 (min. 39) Brais Lado.
          0-3 (min. 42) Brais Lado.
          0-4 (min. 55) Ismael.
          0-5 (min. 59, penalti) Cololo.
          1-5 (min. 74, penalti) Santiago Casas.
          2-5 (min. 85) Santiago Casas.
          2-6 (min. 88) Cololo.

Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "Un partido con pouco ritmo no que dispuxemos de numerosas ocasións, contra un equipo que está descendido pero que lucharon hasta o final e puxeronos as cousas difíciles a base de entrega e orgullo. Fixemos unha primeira parte mellor ca segunda, na que nos contaxiamos i empezamos a facer cada un a guerra pola sua conta. Perdemos o orden por confianza e marcaronos dous goles, que si queremos ser sólidos e fortes non podemos permitirnos esto con ninguén".
(Extraido da web "Piratas de Muxía")

domingo, 30 de abril de 2017

LIGA DA COSTA : MALPICA 2 - CERQUEDA 2











Árbitro : Rubén Vázquez Penas.

Goles: 1-0 (min. 36) Cololo.
          1-1 (min. 64) Cristian Méndez.
          2-1 (min. 79) Rubén.
          2-2 (min. 88, penalti) Eloy.

domingo, 23 de abril de 2017

LIGA DA COSTA: PORTEÑO 4 - MALPICA 1














Árbitro : Naim Juncal García. Un neno arbitrando un partido de grandes. E notouse. Pero tivo importancia relativa porque o Malpica non se xogaba nada. Ainda así, o equipo malpicán acabou con catro cartóns amarelos e bastante desquiciado ca sua labor.

Goles: 1-0 (min. 12) Jorge Velo.
          1-1 (min. 29) Álex Marquez.
          2-1 (min. 60) Jorge Velo.
          3-1 (min. 67) Jorge Velo.
          4-1 (min. 89) Porto.

Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "A pesar das numerosas baixas que tivemos, sobre todo sin ningún dianteiro especifico, non xustifica o peor partido que fixemos do ano, con falta de tensión, actitude e gañas para xogar un partido contra un equipo que se xogaba moito e notouse só cas ganas que tiñan. Nós somos un equipo moi limitado en moitos aspectos e se non xogamos o máximo de concentración e de tensión non lle ganamos a nadie, sufrimos moitísimo. A  mín non me gusta que nos entrenamentos se relaxe nadie, para canto máis nun partido e que che metan catro. Moi decepcionado ca imaxe que demos". 

Sergio Varela, (Adestrador do Porteño CF) : "Partido moi disputado, onde empezamos moi forte, tendo varias oportunidades pero non quixeron entrar. Ata que chegou unha boa xogada de Quilmes, que lle pasou o balón a Jorge e puso o 1-0. Seguimos controlando o xogo, pero nun corner meteronnos o 1-1. Xa na segunda parte, un pase fantástico de Roi deixou a Jorge para meter 2-1. Logo dese gol, o partido xa foi totalmente noso e conseguimos ampliar o marcador con un hadtrick de Jorge. Xa cara o final do encontro, chegou o cuarto de Porto, con dedicatoria para o cumpreañero Oli. Moi boa victoria para seguir loitando pola permanencia".

(Publicado na páxina web "Piratas de Muxía")

1 AUTONÓMICA INFANTIL : PONTECESO 5 - MALPICA 2


Árbitro : Jorge López Lesta.

Goles: 1-0 (min. 15) Martín.
          2-0 (min. 29) Iván.
          3-0 (min. 30) Joel.
          4-0 (min. 53) Hadrián Félix.
          4-1 (min. 78) Raul.
          5-1 (min. 79) Hugo.
          5-2 (min. 80) Luis.

domingo, 9 de abril de 2017

LIGA DA COSTA : MALPICA 4 - CORCUBIÓN 1













Árbitro : Alejandro Vilariño Hidalgo.

Goles: 1-0 (min. 43) Eloy Cabeza.
           2-0 (min. 55) Brais Lado.
           3-0 (min. 65) Alberto Carballo.
           4-0 (min. 81) Iván.
           4-1 (min. 89) Andrés.

Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "O partido empezou con pouco ritmo por ambos lados. Nós levamos o peso do partido e facíamos dano por fora pero faltaba precision a hora de centrar e definir contra un equipo que tentaba xogar o fútbol. Marcamos o primeiro ó final da primeira parte. E na segunda eles arriscaron, o partido estivo mais aberto e sucedianse as ocasións. Nesta segunda estivemos mais acertados no último pase e na finalización. Fixemos méritos suficientes para sacar o partido adiante e seguir sumando, nun partido limpio e ben xogado por ambos lados. Tentaremos seguir na mesma línea nestes últimos partidos donde tes pouco que xogarte". 

Brais, (UD Corcubión) : "Chegamos con moitas baixas a Malpica, sobretodo atrás, tendo que improvisar unha linea defensiva para o partido. Na primeira parte eles tiveron a posesión, pero sen chegar a crear excesivo perigo. O primer gol deles é un pase á espalda da nosa defensa pero o seu dianteiro está en claro fóra de xogo. Tralo descanso tivemos unha gran oportunidade para empatar nun disparo de Roi tras fallo do seu porteiro pero o defensa saca o balón na línea. Xusto despois Brais, o mellor xogador deles, faría o segundo cun disparo desde fóra da área. O terceiro chegaría nun córner e o cuarto nun pase da morte co noso equipo xa volcado arriba. O noso gol chegaría por medio de Nes xa ó final nunha recuperación".

(Declaracións extraídas da web "Piratas de Muxía")

sábado, 8 de abril de 2017

1ª AUTONÓMICA INFANTIL : MALPICA 10 - AS BALEAS 3



Árbitro : Raniel Lucas Galvao Pimentel.

Goles :  1-0 (min 19) Iván Blanco.
             1-1 (min. 26) Alfredo.
             2-1 (min. 27) Raúl Reigía.
             2-2 (min. 33) Raúl Álvarez.
             3-2 (min. 39) Hugo.
             4-2 (min. 41) Brais.
             5-2 (min. 42) Brais.
             6-2 (min. 52) Luis.
             7-2 (min. 57) Raúl Reigía.
             8-2 (min. 60) José Reigía.
             9-2 (min. 62) Andrés.
           10-2 (min. 68) Raúl Reigía.
           10-3 (min. 74) Iván Lema.

domingo, 2 de abril de 2017

LIGA DA COSTA : CORME 2 - MALPICA 1









Árbitro : Carlos Martínez Rodríguez. Nos primeiros 80 minutos mostrou catro tarxetas amarelas ó Corme (duas delas ó entrenador Lentejo) e unha ó Malpica. Nos últimos 10 minutos mostrou sete tarxetas amarelas ó Malpica (duas delas a Mario Casal, ao que expulsou sin saberse moi ben porqué) aparte de pitar un penalti inexistente a favor do Corme.

Goles: 0-1 (min. 20) Brais Lado.

           1-1 (min. 86) Toniño.
           1-2 (min. 87, penalti) Alejo.



Alejo Cambón, (Corme CF) : "Non nolo puxo fácil o Malpica, xa que conseguíu poñerse por diante no marcador. Na segunda parte tiramos de casta e conseguimos darlle a volta o partido".
Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "Na primeira parte nós estivemos mellor ca eles sin pasar ningúns apuros e marcamos o gol, pero xa tiveramos unha moi clara de Brais que golpeou mal e varios corners con peligro. Na segunda metade saliron eles mais forte, acumulando moita xente arriba e arriscando porque se están xogando a liga. E nós, ca lesion de Cololo na 1ª parte mais a de Leilan e Rubén na 2ª,  contra o equipo do Corme que apreta á xente, xa non tivemos moita resposta. Mais ca expulsion de Mario, porque o penalti que pitou viuno só o arbitro, asi é complicado. Pero ainda con eso hai que aprender moito no futbol, estar mais atentos. Porque todo o traballo que fas, nun minuto estropease todo".

(Extraido da web "Piratas de Muxía").

sábado, 1 de abril de 2017

1ª AUTONÓMICA INFANTIL : CORME 4 - MALPICA 3















Árbitro : Luis Sobrado Carballeira.

Goles : 1-0  (min. 4) Miguel.
           2-0  (min. 9 ) Miguel
           2-1  (min. 11) Luis.
           2-2  (min. 26) Iván.
           3-2  (min. 47) Yago.
           4-2  (min. 69) Yago.
           4-3  (min. 75) Luis.