FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de abril de 2017

LIGA DA COSTA : MALPICA 4 - CORCUBIÓN 1













Árbitro : Alejandro Vilariño Hidalgo.

Goles: 1-0 (min. 43) Eloy Cabeza.
           2-0 (min. 55) Brais Lado.
           3-0 (min. 65) Alberto Carballo.
           4-0 (min. 81) Iván.
           4-1 (min. 89) Andrés.

Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "O partido empezou con pouco ritmo por ambos lados. Nós levamos o peso do partido e facíamos dano por fora pero faltaba precision a hora de centrar e definir contra un equipo que tentaba xogar o fútbol. Marcamos o primeiro ó final da primeira parte. E na segunda eles arriscaron, o partido estivo mais aberto e sucedianse as ocasións. Nesta segunda estivemos mais acertados no último pase e na finalización. Fixemos méritos suficientes para sacar o partido adiante e seguir sumando, nun partido limpio e ben xogado por ambos lados. Tentaremos seguir na mesma línea nestes últimos partidos donde tes pouco que xogarte". 

Brais, (UD Corcubión) : "Chegamos con moitas baixas a Malpica, sobretodo atrás, tendo que improvisar unha linea defensiva para o partido. Na primeira parte eles tiveron a posesión, pero sen chegar a crear excesivo perigo. O primer gol deles é un pase á espalda da nosa defensa pero o seu dianteiro está en claro fóra de xogo. Tralo descanso tivemos unha gran oportunidade para empatar nun disparo de Roi tras fallo do seu porteiro pero o defensa saca o balón na línea. Xusto despois Brais, o mellor xogador deles, faría o segundo cun disparo desde fóra da área. O terceiro chegaría nun córner e o cuarto nun pase da morte co noso equipo xa volcado arriba. O noso gol chegaría por medio de Nes xa ó final nunha recuperación".

(Declaracións extraídas da web "Piratas de Muxía")

Ningún comentario:

Publicar un comentario