FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de abril de 2017

VETERANOS : CORCOESTO 2 - MALPICA 2


Mañán con bo tempo para xogar ó fútbol, salvo unha espesa niebla que o invadiu todo durante os primeiros vinte minutos de partido.

Veteranos de Malpica : Bugallo; Luis, José Regueira, Chucho, Pedro; Arcay, Alberto de Barizo, Victor, Joshua, Cani e Nacho. Tamén xogaron Bernardo, Javi e Wash.

Hoxe xogamos contra o equipo gañador de esta segunda división. E xogamos coma equipo, sin individualidades. Un partido moi completo. O noso mister foi Alberto de Seaia, que fixo todo o posible para que non nos distraésemos do noso obxetivo, animou, deu instruccións, berrou... tan metido estaba no partido que os nosos rivais non se mosquearon de milagre cando reclamou na última xogada (polémica) do partido. 












Na primeira mitade o dominio do xogo foi deles. Con un Héctor dirixindo o ataque (xogador que xa nos causou unha excelente impresión no noso campo de herba artificial, pero que volviu a confirmalo no pésimo estado do campo deles), as ocasións foron suas, mentras que nós adicamonos a xogar cas líñas moi xuntas e contratacar con Cani e Nacho. Entrou a que menos parecía que iba a entrar. No min. 12 o seu goleador, Pouso, enganchou un disparo que seguramente iría fora pero, ó tocala Bugallo, fixo que o balón fose cara dentro da portería. Un Bugallo que se luciu en dous tiros espléndidos que non foron gol de milagre.

A partires de ahí, o mister fixo un cambio que medio decidiu o resultado do partido. Sacou a José e puxo a Bugallo, pasando Cani a xogar de central. Co cual a velocidade no ataque do Corcoesto pudo ser repelida e contestada. Ó mesmo tempo, unha vixilancia mais pendente sobre Lema e, despois, Fandiño, fixo que xa o balón non se movese no mediocampo con tanta facilidade. Tivemos unha boa nas botas de Nacho, pero a actuación de un hoxe sobresainte Edelmiro e a saida do porteiro abortaron o ataque e Nacho chocou contra Pablo sin que Canario apreciase acertadamente nada.

Na segunda mitade o control do balón facíao o Corcoesto, con un Héctor mais metido no mediocampo. Pero sin moita profundidade. Pese a isto voltaron a marcar. No min. 59 Héctor recolleu un balón na esquerda, avanzou sorteando a nosa defensa, prántouse só diante de Bugallo e con un toque sutil elévoulle o balón por enriba. O balón que chegaría a ser gol sin axudas, entrou con polémica. Porque Pouso que o seguía desde a dereita e estaba en fora de xogo, tocouno antes de que entrara.  


E a partires de ahí xa houbo outro partido. Os nosos rivais estaban xa convencidos de que, pese a nosa resistencia, tiñan o partido gañado. Pero non nos rendimos (porque tampouco o noso mister permitiu que nos rendísemos). Unha moi boa asistencia de Nacho no min. 74, que se pudo librar por unha vez da marcaxe de Edelmiro, deixou só a Victor en carreira cara porta e conseguimos o 1-2. Xa empezamos a creelo e os nosos rivais a defenderse . E no min. 89 consumamos o empate cando o balón chegou a Alberto de Barizo, que fixo o recorte, e lanzou a dereita de Pablo, que se estirou canto pudo pero non chegou. E pudemos gañar si Canario quixese pitar un empurrón a Nacho nun centro desde a dereita. Pero o trencilla non quixo complicacións de última hora e deixou seguir o xogo, que prácticamente acabou daquela. 

Para nós era un grandísimo resultado e para o Corcoesto a consumación da grandísima tempada que fixeron. Parabéns de novo a este equipo. E campeón con todos os merecementos. Tres empates no que vai de liga (dous deles contra nós) é un resultado extraordinario. Si siguen ca mesma xente (e non teñen lesionados) non desentonarán na primeira división. O maior enemigo que teñen é o campo. Xa xogaba a maior parte dos seus partidos en Cabana e non é casualidade. 



Arbitrou Canario. Fíxoo ben, lidiando cas pequenas queixas que lle presentamos. Hai que decir que o xogo foi limpo. Grazas a iso, porque rival a batir era mais o campo de Corcoesto. No noso caso costounos a lesión nun xeonllo de Arcay, que non se cortou a hora de maldecilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario