FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de xuño de 2017

COPA DA COSTA (SENIORS) : DUMBRÍA 1 - MALPICA 0 (O MALPICA CAEU EN CUARTOS DE FINAL)












A eliminatoria quedou 2-2. O Dumbría pasou polo valor dobre dos goles en campo contrario. Xogará as semifinais contra o Ponteceso.

Árbitro : Oscar Rego Martínez. Expulsou a Brais Lado no minuto 89.

Asistentes: Pedro Patiño e Alejandro Gesto.

Valoración arbitral: Arbitraxe moi casero. Non pitou para os dous equipos por igual porque mentras ó equipo da casa permitíalle meter o pé e non lle mostraba tarxetas, ós xogadores visitantes mostráballe cartón amarelo por simples protestas. Deixoulle ó Dumbría perder todo o tempo do mundo para, finalmente, non descontar casi.

Goles: 1-0 (min. 24) Martín tira desde lonxe. O balón, que parecía que o iba a atrapar Brais sin complicacións, escapaselle entre as pernas e entra mansamente na portería.

Valoracións feitas na web "Piratas de Muxía":


"Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Partido disputado desde o principio o final, bastante trabado con pouco fútbol. Pero tivemos as nosas opcións sobre todo na 1ª metade para marcar, e eles aproveitáronse dun error noso no 1-0. Ainda que seguimos fortes e metidos no partido. Dispuxemos de balóns parados e córners para facer dano mais eles andiveron contundentes. Non estiveron cómodos en ningún intre. Puido pasar calquera dos dous. Orgulloso da imaxe do equipo, loitando ata o final, e felicitar o Dumbría polo pase".

Adrián "Makaay", (Xogador do CF Dumbría) : "Foi un partido muy duro. Facía moita calor e era complicado. A primeira ocasión foi para eles nun remate de cabeza de Mario Casal que parou Iván. Pouco despois chegaba o gol noso, obra de Martin, nun erro do porteiro deles. A raíz de aí dedicámonos a defender e sair a contra pero non estivemos ben. Na segunda, eles buscaron o gol, pero só a balón parado tiveron algunha opción. Non pasamos moitos apuros. Nos tivemos unha clara de Darío que parou o porteiro, e duas miñas. Nunha falta, e nun man a man no que o porteiro estivo moi ben e paroumo. Noraboa o Malpica pola eliminatoria que fixo, e nos un pouco máis preto da Copa".


Declaracións de Iago (Capitán do Dumbría) en Radio Nordés (Nordés Deportivos 5/6/17) :

Onte estivemos moito mais serios, non pasamos apuros. Pasamos apuros de que a eliminatoria non estaba cerrada pero non nos crearon moitas ocasións... Para gañar temos que xogar mellor ó fútbol, si non igual non nos chega...A mín o Malpica gustoume moito. Claro, velo onte e velo na liga e non parece o mesmo. Pero a mín encantoume. Fixeron unha eliminatoria casi perfecta, por non decir perfecta. Pero bueno, nós tivemos esa sorte, marcamos un gol fora e onte o gol ese chegounos para pasar.

Valoración da eliminatoria e da copa

Moi bo torneo dos xogadores malpicáns que, salvo na paxara de fai quince días contra a Esteirana debido, si cadra, a levar un marcador favorable da ida moi abultado, no resto xogou moi ben. Esta eliminación non conta porque, como xa pasara no 2010, unha pingueira de boa sorte e a arbitraxe caseira decantaron a eliminatoria a favor do equipo mais grande (o Dumbría). Porque por xogo non foi. O Dumbría xogou a defender o gol marcado (que lle daba a clasificación) e a botar balóns en largo cara Adrián Mckay que acababan nos pés dos defensores do Malpica. Van ter que plantearse os equipos da Liga  da Costa e Terceira da Costa non participar si na mesma entran os equipos de preferente porque sábese con que axuda extra van a contar. Si para isto vai a valer a delegación arbitral en Baio, apaga e vámonos (hoxe faría falla no campo un delegado federativo, despois ascenden a este tipo de elementos, coma pasou con Alex López Vila na eliminatoria de 2010). Sorte ó Ponteceso, que a vai a necesitar toda si lle repiten este tipo de cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario