Eliminatoria de Cuartos de final da Copa da Costa - Partido de Ida.
Árbitro : Borja Sánchez García. Árbitraxe perfecta (Desexamos polo menos una cousa parecida no partido de volta).
Asistentes : Adrián Pérez Rellán.
Pablo Rey Rodríguez.
Goles: 1-0 (min. 35) Leilán.
1-1 (min. 42) Rivi.
2-1 (min. 48) Eloy Cabeza.
Declaracións sacadas da web "Piratas de Muxía):
Repi,
(Adestrador do SCD Malpica)
: "Fixemos
un partido moi serio en xeral, tanto en defensa como en ataque. Tivemos ocasións claras, sobre todo na 1ª parte e creámoslle
dificultades en defensa. Foi unha pena o gol no último minuto da
primeira metade por un despiste defensivo. Na segunda parte estivemos
xuntos, e aguantamos ben, salvo algún rexeite ou balón parado nos
que estivemos lentos. Saimos a contra creando perigo, chegando o 2º
gol nunha bonita xogada con centro e marcando Eloy, incluso outra que
por pouco non chega Leilán a bocaxarro. A nosa intención era ir con
vida ante un gran equipo de superior categoria, que si os deixas
pensar ten talento e velocidade para facerche dano en calquer momento
do partido. Quédanos moito que sufrir pero neste encontro os
xogadores vaciáronse, e temos que felicitalos polo esforzo que supón
competir con estes equipos doutro nivel, que levaron a liga de
primeira "de calle" e ascenderon a Preferente".
Iago, (Capitán do CF Dumbría) :"No partido o Malpica saíu con máis intensidade que nós. Non estívemos cómodos en todo o partido e nunca puidemos coller o ritmo de partido. A primeira ocasión do partido foi un remate de Aarón de testa, que rematou as máns do porteiro. Pouco despois puido marcar o Malpica cun tiro de Eloy dende a frontal da área, pero Iván desviou a corner, cun paradón. Non houbo moitas ocasións, pero o Malpica estaba sendo mellor. O primeiro gol chegou case o final do primeiro tempo, cun pase interior de Brais no que o interior esquerdo (Leilán) bate por baixo a Iván, no man a man. 5 minutos despois conseguimos empatar por medio de Rivi nun balón que lle deixa Aarón e fusila na área pequena ó porteiro. Chegouse así o descanso. O comezo da segunda parte Brais fai unha xogada por banda esquerda e saca un centro atrás que Eloy Cabeza, entrando, remata a gol sin que o noso porteiro poda facer nada. Despois intentamos apretar para conseguir o empate pero sin crear perigo e o Malpica aguantando e intentando sair a contra. Cáseque o final do partido un tiro meu dende o borde do área consíguemo sacar o porteiro cunha gran parada. En resumen o Malpica foi mellor, non pasou moitos apuros, e tivo as ideas máis claras ca nós".

Ningún comentario:
Publicar un comentario