FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de outubro de 2009

MALPICA 3 - CORME 2

Orballaba na mañán e recibíamos a un dos equipos mais combativos que temos na liga, o Corme. Nos encontros que temos disputado en contra deles hai que xogar ao límite en partidos que non teñen descanso visual, moi movidos. Destacaremos tamén que fixemos todos un minuto de silencio por haber morto a abóa de Tono Alfeirán. Na primeira mitade adiantáronse eles por medio dunha falta botada polo nº 11, Francisco Javier De Dios, que tocaba na barrera e descolocaba a Manolito. O empate veu nun centro desde a esquerda, o defensa non acerta a despejar peinando o balón cara atrás, o balón chega a Esmorís, que está solo, e marca.
Ao pouco de empezar a segunda mitade Tino manda un balón sensacional desde uns trinta metros a Ramón Angel, que templa, regatea ao defensa e marca o 2-1. O terceiro marcouno Esmorís en xogada individual, na que sae desde medio campo, encara ao porteiro, regatea e marca. A partir de ahí, o Corme vense arriba, nós poidemos meter algún gol mais, pero foron eles quenes fixeron o definitivo 3-2 nun penalty transformado polo nº 24 (Javier Carballido). Seguiron tentando empata-lo partido pero xa non houbo tempo.
Do árbitro Jose Antonio podemos decir que non gustou enormemente a ningún dos dous equipos. Si pitas fora de xogo porqué o pitas. Sin non o pitas porqué non o pitas. Uns a favor, os outros en contra. E todos berrando. Este tipo de partidos non son fáciles de arbitrar. Dámoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario