Antes destacar que os xuvenís empataron en Baio (1-1) con gol de Carlos e empate no minuto 80 de penalty que pudo haberse evitado.
Pola tarde xogou a SCD Malpica o seu partido da segunda rexional en Carnota contra de O Pindo. Un equipo moi peleón que ten dous ou tres xogadores que destacan ben por riba dos demais. Adiantáronse no marcador na primeira mitade, casi que na única acción meritoria deles, con unha vaselina diante da cual non poido facer nada o mellor xogador do Malpica neste partido, o meta Abraham. O resto do equipo, con algunhas novidades no once titular, mostróuse moi dormido, non soubo cómo impoñer a sua calidade.
O entrenador Agilda cambiou a tres xogadores no descanso, dando entrada a Andrés, Marcos Amado e , sobretodo, a Cheo, que estimulou o ataque malpicán. Tamén cerráronse mais os interiores, Neucha e Charlie, o cual permitiu blindar mais o centro do campo. Pero o heróe seguía sendo Abraham que parou un tiro con marchamo de gol ( o dianteiro chegóulle solo e quíxolle cruza-lo balón ao segundo pao) que supondría o 2-0. De seguido, Manuel Agilda puxo no campo a Casais, que foi sair a xogar e , na primeira xogada importante de ataque donde estivo, marcar gol de cabeza.
O partido decidíuse en duas estimacións arbitrales. Na primeira, o árbitro non pitou penalty a favor dos do Pindo (na miña opinión non era) e pouco despois pitou penalty a favor dos nosos (na miña opinión, creo que tampouco o era). Pero finalmente foi penalty e Manu Pardo tirouna con serenidade e firmeza.
De ahí ao final, o equipo malpicán esforzóuse en facer canta falta perigrosa para os nosos intereses poido provocar. E ahí, Abraham estivo firme. Mais non contento con eso, ainda fixo a parada da tarde nun lanzamento lonxano, que non sei como poido ver entre tantos xogadores, estirándose todo o que poido cara a cepa do poste. Sufriuse pero gañouse, que era o importante.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.