FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
Amosando publicacións coa etiqueta XUVENÍS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XUVENÍS. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de xaneiro de 2012

OS XUVENILES GAÑAN A LIGA : MALPICA 9 - DUMBRÍA B 1

GRANDES, ENORMES MOSTRARONSE HOXE OS RAPACES DO EQUIPO XUVENIL DA SCD MALPICA

A pesar de que soamente con un empate bastáballes para o seu obxetivo e empezaban perdendo, non se deron nunca por rendido, empequeneceron aos seus rivais e o partido estaba casi que rematado antes do descanso, facendo feliz a unha grada que nunca deixou de apoialos e que hoxe abarrotou Pedra Queimada.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ MALPICA CAMPEÓN !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




domingo, 31 de xaneiro de 2010

A SCD EMPATOU (CONTRA OUTRO BO EQUIPO)


A S.D. Sofán dou a entender porque está nos postos altos da clasificación. Claro que tamén a S.C.D. Malpica o fixo. Foi un partido igualado. Na primeira mitade as ocasións foron para o Malpica. Despois de que David Blanco fallou un penalty, Neucha de falta directa acertou a marcar. Sin apenas ocasións anteriores empatou o Sofán ao borde do descanso con un gol que podíase haberse evitado. Na segunda parte sí que tiveron os de Sofán o dominio do balón. Puderon gañar con un penalty que parou extraordinariamente Toni e noutro penalty que o árbitro non quixo ver por man de Carlitos. O noso cancerbeiro andivo moi fino. Non así o dos rivais que foi expulsado por chamarlle "sinvergüenza" ao colexiado, despois de que éste lle pitara unha man por sair da área grande para face-lo saque en largo do balón e lle sacara tarxeta amarela.
Pola sua banda, os xuvenís naufragaron en Ponte do Porto perdendo co Porteño por 3-0 (nun campo que nunca se nos dou ben e nun partido dónde non pudo estar Esmorís dirixíndoos) e os cadetes perderon co Mazaricos por 4-1.

domingo, 24 de xaneiro de 2010

O MELLOR PARTIDO DA SCD

Deron a talla. Parecía que os rapaces da SCD eran os que xogaban na casa mandando na clasificación en lugar dos do Sp. Zas. Fixeron, sobretodo no primeiro tempo, casi que o mellor xogo que se lle viu nesta tempada. As ocasións claras foron para Iago, Neucha (2), David Blanco e Cheo (2). A figura deles foi claramente o seu porteiro. Os rivais sólo conseguiron acercarse por primeira e única vez nos últimos minutos.

Na segunda mitade houbo dominio alterno. A xogada polémica chegou cando Neucha tirou cruzado, rechazou o porteiro e David Blanco, adiantándose hábilmente ao defensa, empurrou a rede. O árbitro anulou incomprensiblemente o gol por fora de xogo que nunca houbo. Seguiuse pelexando. E David Blanco poido marcar outro cando atopou outro balón sólo diante do porteiro pero tirou sin forza. O Sp. Zas sólo tivo opcións nos últimos minutos, con tiro ao largueiro incluido. Despois de que Braulio apurase un balón en largo que recolleu o noso porteiro Abraham, aquel deixou o pé e sacudiulle un golpe na rodilla que o deixou fora do partido. Saiu Toni que resolveu perfectamente o que os dianteiros do equipo rival tentaron ao final do partido. Sería bastante inxusto que non se puntuara neste partido, visto os méritos que os rapaces fixeron.
Nos demais partidos que houbera o sábado, houbo malleira ós xuvenís, que perderon 2-8 contra o Soneira e mais os cadetes perderon 2-5 contra o Baio. A ver si mellora a cousa.

domingo, 17 de xaneiro de 2010

GOLEADA CON CONTUNDENCIA


E o equipo senior gañou ao San Lorenzo: 3-0. Con xente coñecida nas bancadas, incluidos varios xogadores do Sofán (Carlos, Diego, Varela, ...) que habían xogado o sábado. Aparte de que, por fin, eramos bastante xente asistindo ao mesmo. E o partido foi vibrante. Na primeira mitade o San Lorenzo controlou mais o centro do campo e tivo duas ocasións boas, sobretodo a primeira delas (desfeita en grande medida por Abraham) . Na segunda mitade soio houbo un equipo no campo: a SCD Malpica. Tiveron sorte os nosos no primeiro gol por fallo do central ao querer cederlle de cabeza o balón ao porteiro e cruzarse moi hábilmente David Blanco para mete-lo gol. Mais a partires de ahí o partido foi resolto con contundencia e sin pasar casi apuros grandes (eles reclamaron un penalty) con outros dous goles de Rancaño mais Eloy, salvo a absurda expulsión de Roberto Rancaño que pode dar problemas ao siguinte partido en Zas.
Aparte deste resultado, os cadetes gañaron con contundencia en Zas (2-6) e os xuvenís perderon en Camariñas (4-2) alargando este "Vía Crucis" en que se lle converteu a liga hasta que chegue a Copa.

domingo, 10 de xaneiro de 2010

MALOS RESULTADOS PARA O XOGO HABIDO...

...e, por certo, con arbitraxes casi perfectos en cualquera dos dous partidos da SCD. O sábado pola tarde os xuvenís xogaron contra o Bergantiños en Pedra Queimada. O principal problema dos rapaces é que vanse do partido cando teñen o marcador moi en contra. Na segunda mitade gañaba o Bergan 1-3 e poido ampliar o marcador por fallos de concentración. Foi marcar o 2-3 e o Malpica volveuse a facer co partido, a crear ocasións para empatalo e os rivais acabaron pedindo a hora.
Onte xogou o equipo senior en Fisterra. Partido dos que fan afición nesta liga da costa. Vibrante de principio a fin polo interese mostrado polos dous equipos. Hai que decir que o noso equipo non tivo sorte. Empezou perdendo 2-0 en un primer gol de pase ao hueco detrás da defensa e bo aproveitamento goleador, mais un segundo gol que poucas veces se lle ten que facer a un equipo. Chegouse ao descanso perdendo 2-1 porque Cheo aproveitou moi ben un pase en largo que rompeu a defensa. Na segunda parte dominio da SCD pudendo empatar pero ao contrataque o Fisterra fai unha xogada de tiralíneas. O tiro final vai ao traveseiro, golpea posteriormente na espalda de Toni e entra. Todavía seguimos no partido porque Neucha fixo unha xogada maxistral e marcou de gran disparo. E o equipo puxo acoso a meta rival. Mais outro día con moitas menos ocasións marcanse moitos mais goles. David Blanco e Iago tiveron unhas ocasións inmellorables pero o balón non quixo entrar. Como mínimo o empate a tres faría mellor xusticia ao visto no campo.E acabar decindo o partido terían que xogalo os c... da federación. Polo menos, si alguén se ten que lesionar, que sexan eles, non os xogadores dos dous equipos e o árbitro que poñen a piel e todo o pundonor nesa leira que non é digna dun pobo como Fisterra.

domingo, 20 de decembro de 2009

CF PORTEÑO 1 - SCD MALPICA 2


Bo triunfo da SCD Malpica en Ponte de Porto. Nun campo moi especial porque o equipo local sabe como ten que xogar, aparte de que todo o xogo se ten que resolver en escasos metros, os rapaces malpicáns loitaron en todo momento sin desfallecer.
Na primeira parte sólo houbo unha ocasión clara para cada equipo. Na segunda adiántouse de cabeza o equipo rival. Eso despertou aos nosos que empataron de seguido por medio de David Blanco que tamén conseguiu o gol da victoria. De ahí ao final controlaron o xogo mais tiveron ese pouquiño de sorte que outros anos faltaba.
Nos demais partidos os xuvenís perderon 2-3 contra o Coristanco e os cadetes acabaron goleados 10-4 en Dumbría.

domingo, 13 de decembro de 2009

EMPATE CO CARNOTA


Empate a ceros pola tarde da SCD Malpica frente ao Carnota. Partido condicionado por un árbitro que expulsou a Andrés por un rifi-rafe con Cololo, que o andaba buscando. Como buscaba tamén, como un poseso, o nº 2 deles a Neucha. E ningún deles saliu expulsado. Porque o árbitro buscou outro cabeza de turco para arreglar a desfeita que había provocado coa expulsión anterior. Esperamos non volver a velo mais en ningún dos partidos do Malpica. Polo ben do equipo.

O partido estivo equilibrado en xogo. Pero as duas ocasións mais claras foron ao final do partido con grandes intervencións de José Angel.

Os xuvenís gañaron ao Baio 5-3 nun partido que empezaron gañando (5-1 ao descanso) e tanto se confiaron que o rival estivo a punto de sorprender. Os cadetes pola sua parte perderon por 0-4 contra o Bergantiños B. Hai que esperar. E ir gañando tempo.

domingo, 6 de decembro de 2009

PASO ADIANTE DA SCD MALPICA

Os rapaces da SCD Malpica deron un paso adiante no campo do Monte Louro gañando por 1 - 6. Catro goles de David Blanco e dous de Roberto Rancaño acabaron coa resistencia do equipo rival, que, hasta o sexto gol, nunca se dou por vencido nun partido de deportividade exquisita. No descanso xa gañaba o noso equipo por 0-3 e poideron ser mais. Marcaba o Monte Louro no comenzo da segunda mitade e metíase no partido, pero o equipo hoxe fixo un xogo espectacular e non dou lugar a remontada. O peor, que estase a acumular tarxetas en varios dos xogadores e iso pode pasar factura nun futuro. Pero estase a loitar no grupo de cabeza e iso da moita moral. E quen crea que ésto é fácil, que vexa, por exemplo, a derrota do Muros no seu campo contra O Pindo.


Nos demais partidos dos equipos bases, primeira victoria dos nosos cadetes en Vimianzo contra o Soneira, victoria con moitísimo mérito. E en canto aos xuvenís, pao gordo coa mala caída do porteiro Victor, que condicionou e moito o partido. Unha vez que él non estivo (porque marchou para o centro médico, do cual xa saiu e está ben) e o equipo pasou a xogar con un xogador de campo no seu sitio (Eloy) o partido foi un coser e cantar para o Sporting Zas, con unha aficción que non parou de jalear ao seu equipo para meter mais e mais goles. E os nosos, a capea-lo temporal. Pero iso danos a lección de que queremos ir de bós pola vida cando hai outros equipos que non o fan. En fin, o obxetivo deste ano e facer equipo forte de cara as tempadas que veñen.

domingo, 29 de novembro de 2009

OS OUTROS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA


Sábado de mañán. Partido dos cadetes contra o Corcubión. Perderon os nosos por 1-4. Sentenciaron xa dous tempraneiros goles do rival ainda que os rapaces tentarono todo.

Partido dos xuvenís o sábado pola tarde en Corme condicionado polo forte vento reinante. Os nosos escolleron campo co vento en contra na primeira mitade. E tiveronse que sacrificar para tapar as entradas dos dianteiros rivais. Na segunda parte, co vento a favor, marcaron dous goles por medio de Gonzalo e Iván (nun gol no que o balón casi que non quería entrar pola cantidade de remates a porta) que parecían sentenciar. Pero o Corme reduxo distancias e mais o árbitro expulsou rigurosamente a Jorge. Pero nunha contra dos nosos, Gonzalo fae pase adiantado a Miguel Dourado que fusilou o 1-3.

E o domingo tocáballe a SCD Malpica en Pedra Queimada o partido contra a U.D. Vimianzo. E ainda que empezouse con un gol dos mais tontos do campeonato, xa que dónde non había dianteiros rivais, unha serie de desgraciados rechaces e rebotes dos nosos defensas fixeron o 0-1. Pero enseguida marcou o Malpica dous goles, por medio de David Blanco e Charlie, que devolveron a tranquilidade ao marcador. Un paisano decía alí "este ano parece que a cousa pinta diferente". E outros dous goles, con penalty feito a David Blanco e transformado por éste mais un de Eloy de disparo lonxano tras erro do porteiro do Vimianzo redondearon o 4-1 que deixa ao Malpica mais preto dos de arriba.

sábado, 21 de novembro de 2009

DERROTA EN BAIO E VICTORIA DOS XUVENÍS


Abultada derrota da SCD Malpica en Baio por 5-1. Protagonista indiscutible do partido foi o nº 10 do Baio, Guillermo, que meteu 3 goles. Notables ausencias no equipo malpicán: Rancaño, Andrés, Iago, Cheo, ... co cual non había para milagros. Decir tamén que o equipo rival tivo casi un cen por cen de efectividade porque foron seis as ocasión de que dispuxo no partido. E o Malpica tivo un par delas mais, a primeira de David co marcador 0-0 que pegou na cruceta da portería. E a segunda de Casais, casi ao acaba-lo partido, cuyo tiro cando xa había sobrepasado ao porteiro, pegou no largueiro e non entrou. Tamén houbo un penalty a favor do Malpica que o árbitro non quixo pitar. O resultado é moi engañoso porque o Baio cedeu a iniciativa do xogo ao Malpica para sair ao contragolpe. Pero déronse moitas facilidades defensivas. E eso acabase pagando.
A mesma hora xogaban os xuvenís en Malpica contra o Porteño. E acabaron gañando 5-3. Mal día, según o cadro técnico, tiveron os porteiros de ambas formacións. Esmorís sustituiu a cinco xogadores no descanso, cando se gañaba 3-2. Da idea de por dónde iban os tiros. Pero gañouse que suponse era o que importaba.

domingo, 15 de novembro de 2009

O RESTO DE PARTIDOS DA SCD



No resto dos partidos xogados pola SCD, resultados variados. Malo nos xuvenís o sábado pola tarde porque perderon un partido contra o Soneira por 3-2. Os italianos teñen un dito no cual se resalta que si non se gaña un partido nos primeiros 80 minutos hai que evitar perdelo nos últimos dez. Bueno, pois os rapaces iban gañando a falta dos últimos dez. Incluso na primeira mitade desperdiciaron un penalty que podía supoñer o 0-2. Falta mata-lo partido co resultado a favor. O gol que decantou o partido foi sobre do pitido final por non querer darlle unha patada que fixera aparece-lo balón xunto ao porteiro deles. E acabábase o partido. Pretendeu o defensa driblar ao dianteiro e, ao non poder facelo, cometeu unha falta que supondría a derrota. E este ano estase a perder sempre pola mínima. Tamén e verdade que hai moitos xogadores de primeiro ano. Erros individuales foron os que fixeron perder os partidos polo que ainda hai esperanzas.Resultado menos malo o colleitado pola SCD Malpica que empatou 1-1 diante do Castriz. Este ano vese que o equipo sale metido no partido desde o primeiro. Marcou David Blanco moi pronto nun erro claro da defensa deles que lle permitiu prantarse solo diante do porteiro. E poido haber un marcador mais amplio a favor dos nosos. Pero chegóuse ao descanso soamente con un 1-0.
E na segunda parte quen saiu totalmente motivado foi o Castriz. Os nosos defenderonse con moito orden. Pero empezou a haber lesións nos defensas centrais. E calambres en Charli, que todavía non está ao cen por cen. E nun mal despeje aproveitaron eles para empatar nun golazo no cual Abraham non tivo nada que facer. Mal menor porque nos últimos minutos ainda poideron gañar si o noso porteiro non fai a parada da tarde. No cómputo total do partido, empate xusto.

domingo, 8 de novembro de 2009

MALOS RESULTADOS PARA A SCD MALPICA

Malos resultados para os nosos equipos no fin de semana. Hoxe pola tarde xogou o equipo senior contra do Xallas en Santa Comba. Perdeu por 4-1 nun partido no que os nosos nunca se encontraron cómodos xogando ao fútbol. Ao Xallas bastoulle con amosar seguridade defensiva. A partires da falta sacada que se ve na foto dónde recibiron o primeiro gol o único momento do partido en que poideron achegarse claramente foi nun ataque malogrado por David Blanco cando o marcador iba 2-0. Tamén tiveron unha arbitraxe bastante caseiro e dictatorial porque nun partido sin grandes entradas acabaron casi que todos os nosos tarxeteados. O árbitro transformou un penalty feito a Cheo en tarxeta amarela para éste e posterior roxa, dis que por tocar ó colexiado. O anticuado feudalismo de non poder tocar ni un pelo, hoxe ao rei, antes ao Generalísimo, ten evidentes secuelas neste tipo de "reyezuelos" que reinan polos campos da costa adiante. E non contento con expulsar a Cheo, expulsou seguidamente ao entrenador Agilda por decirlle "árbitro, ¿dun penalty unha tarxeta ? que creo que entende todo o mundo e dí claramente por dónde foron os tiros.
O resto de resultados tampouco favoreceron a SCD: os xuvenís perderon o sábado pola tarde por erros propios na casa contra do Camariñas 2-3 e os cadetes foron a Cee pola mañá perdendo 2-1.

domingo, 1 de novembro de 2009

2ª REXIONAL: MALPICA 1 - CAMARIÑAS 0

Bo partido defensivo da SCD Malpica. Tanto Victor cómo Marco, Iago e Marcos Amado mantiveron a raia aos dianteiros do Camariñas, axudados por un centro do campo que ésta vez foi mais de contención. Marcou David Blanco nos primeiros minutos para o Malpica e o Camariñas non foi quen de empata-lo partido, ainda que o tentaron, axudados sobretodo por un árbitro que pitou cousas moi sorprendentes. Pero o partido rematou moi ben para os nosos. Tres puntiños moi estimulantes.


E onte xogaron en Carballo os nosos xuvenís un partido moi decente. Esmorís xa atopou a sua parella de centrales, Javier e Pepis. Notables os dous. O mesmo que Victor na portería. No centro do campo xa ten a Esteban, que corta un montón de balóns. E cara adiante, Iván, Miguel e Carlos son un perigro para as defensas rivais. Marcou primeiro na segunda mitade o Bergantiños, no único erro defensivo global que houbo na tarde. Empatamos por medio dun bo gol de Gonzalo no saque dunha falta. E eles marcaron pouco despois nun bo tiro do seu nº 10. Tivemos a mellor ocasión para empatar nun tiro ao pao de Eloy, co porteiro batido. Douse a nota relevante en que o equipo rival terminou con dez xogadores, ao sacar o seu entrenador do campo a David Castro, supuestamente por desacato, e non tendo relevo para él.

domingo, 25 de outubro de 2009

MALOS RESULTADOS PARA A SCD

Nos demais partidos desta fin de semana non houbo bos resultados para os nosos equipos.
Hoxe xogou a SCD en Muros. Non tivo maior historia este partido. O campo, ainda mais pequeno que o de Sofán, ten o mesmo resultado. Vintadous xogadores enchen un campo deses sin dar casi lugar a que haxa hocos para trenzar xogadas.En condicións normales o resultado xusto sería un empate a ceros ou a uns. Gañou por 2 a 0 o Muros facendo duas xogadas similares. Córner botado desde o mesmo sitio, balón ao primeiro pao. No primeiro salta o dianteiro sólo, cabecea, e o rechace in extremis de Marcos Amado chega a un deles que marca. No segundo, balón ao primeiro pao, peina cara atrás un rival e o balón chega ao segundo pao dónde ¡dous xogadores solos! chegaban ao remate, o primeiro fallou pero o segundo non perdonou. Seguro que o mister Agilda tomará boa nota de traballar este tipo de xogadas. Mentras os nosos tamén tiveron un par de ocasións moi boas ocasións para marcar, sobretodo a de Casais. Pero non era o día para os nosos xogadores. Eles tampouco tiveron ningún rubor para tirar o balón afora para desfacer o xogo. A arbitraxe, prácticamente perfecta. Si cadra o único fallo foi que non dera órdenes a o delegado do Muros para encender a iluminación do campo porque nos últimos quince minutos non se via tan ben.
O sábado pola tarde os xuvenís perderon pola mínima ante o Muxía. Ainda que este equipo saiu mais metido no partido, tendo duas ocasións nos dous primeiros minutos, os nosos centrarónse un pouco e o xogo pasou a estar mais repartido. Eles marcaron o seu gol nunha xogada ilegal porque nun balón que se lle escapaba a Victor cando se tirou a por él recibiu unha patada na cabeza fortuita do dianteiro deles. Co noso porteiro tirado no chan, o seu xogador recolleu o balón desde fora da línea de fondo e, sin oposición ningunha dos nosos xogadores, avanzou amodiño cara a portería e marcou. O árbitro, que estaba na outra mitade do campo, nin se enterou como no resto do partido. E os nosos tampouco. Pero sempre hai quen ten que da-la nota: porque o seu entrenador, cinco minutos despois, nun balón que os nosos non botaron fora tendo que facelo porque había un xogador rival caído no campo, espétalle ao noso entrenador Esmorís "¿así enseñades aos rapaces?". En fin, sempre fala o mais indicado. Poido obter o empate que facía xustiza Miguel Dourado tirando solo diante do porteiro pero éste parou moi ben.

domingo, 18 de outubro de 2009

PARTIDOS DOS XUVENÍS E DOS SENIOR

Todo saiu ben no resto de partidos da SCD Malpica. O sábado pola tarde, os xuvenís gañaron en Coristanco, nun partido no que, a priori, saia o equipo rivál como favorito. Pero os nosos xogaron un partido moi serio, moi ben compenetrados Javier e Pepis como defensas centrales e dando todo o que poideron os centrocampistas (algún de circunstancias como Iván, que deixou a banda para poñerse mais no medio e , ademais, marcar un golazo de vaselina). Duas asistencias perfectas de Miguel desde a banda xa medio sentenciaban o marcador ó descanso.
O equipo senior goleu ao pechacancelas, o Lira, por 4-1. Non tivo que esforzarse moito porque o equipo rival, cos xogadores presentados na tarde do domingo, non da a talla para esta categoría. O que sí se agradece é que polo menos xogan limpo, non tentan frena-lo xogo a base de patadas. Pero os goleadores Rancaño (por duas veces), Alfredo II e David Blanco deixaron o partido visto para sentencia. Non vale este partido para calibrar a medida que vai a dar a SCD Malpica este ano. Pero vese que se están a axusta-las cousas para que non se pasen os apuros dos anos anteriores.

sábado, 10 de outubro de 2009

2ª REXIONAL: O PINDO 1 - MALPICA 2











Antes destacar que os xuvenís empataron en Baio (1-1) con gol de Carlos e empate no minuto 80 de penalty que pudo haberse evitado.
Pola tarde xogou a SCD Malpica o seu partido da segunda rexional en Carnota contra de O Pindo. Un equipo moi peleón que ten dous ou tres xogadores que destacan ben por riba dos demais. Adiantáronse no marcador na primeira mitade, casi que na única acción meritoria deles, con unha vaselina diante da cual non poido facer nada o mellor xogador do Malpica neste partido, o meta Abraham. O resto do equipo, con algunhas novidades no once titular, mostróuse moi dormido, non soubo cómo impoñer a sua calidade.

O entrenador Agilda cambiou a tres xogadores no descanso, dando entrada a Andrés, Marcos Amado e , sobretodo, a Cheo, que estimulou o ataque malpicán. Tamén cerráronse mais os interiores, Neucha e Charlie, o cual permitiu blindar mais o centro do campo. Pero o heróe seguía sendo Abraham que parou un tiro con marchamo de gol ( o dianteiro chegóulle solo e quíxolle cruza-lo balón ao segundo pao) que supondría o 2-0. De seguido, Manuel Agilda puxo no campo a Casais, que foi sair a xogar e , na primeira xogada importante de ataque donde estivo, marcar gol de cabeza.

O partido decidíuse en duas estimacións arbitrales. Na primeira, o árbitro non pitou penalty a favor dos do Pindo (na miña opinión non era) e pouco despois pitou penalty a favor dos nosos (na miña opinión, creo que tampouco o era). Pero finalmente foi penalty e Manu Pardo tirouna con serenidade e firmeza.
De ahí ao final, o equipo malpicán esforzóuse en facer canta falta perigrosa para os nosos intereses poido provocar. E ahí, Abraham estivo firme. Mais non contento con eso, ainda fixo a parada da tarde nun lanzamento lonxano, que non sei como poido ver entre tantos xogadores, estirándose todo o que poido cara a cepa do poste. Sufriuse pero gañouse, que era o importante.

domingo, 4 de outubro de 2009

2ª REXIONAL: MALPICA 4 - CORME 3

O sábado pola tarde xogaron os xuvenís contra o Zas o primeiro partido da temporada en dónde perderon por 5-1.
O domingo pola tarde xogou o equipo senior de Malpica nun partido trepidante diante do Corme. Encontro con alternativas no marcador e con un pouco de desenfreno nos xogadores que non soubo controlar o árbitro. É de desexar que na liga que acaba de empezar non haxa mais arbitraxes deste tipo. ACERTOU: no penalty (non sei qué dúbida pode haber si o xogador ten a man ben separada do corpo e amortigua con ela a caída do balón) e en acaba-lo encontro sin deixarlles sacar de corner (o reglamento sinala moi claramente en qué condicións tería que prorrogar o tempo de extensión do partido). FALLOU: entre outras cousas, en dar gol nunha xogada que era falta indirecta e, ao decirlle que non tocou o balón en ningún xogador hasta chegar a rede, decir que non viu nada (para dar o gol tería que ver que tocara en alguén, si non ve nada non é normal que dé gol válido) e en non poñer tarxetas no lío final do partido mais especifica-lo tema na acta correspondiente.
En resumen, tres puntiños de ouro para o Malpica e bastantes tarxetas que esperemos non se reflexen na marcha do equipo.

domingo, 6 de setembro de 2009

BO PARTIDO DUNS E MAL PARTIDO DOUTROS

Onte xogóuse o primeiro partido da liga de Segunda Rexional. O Malpica gañou por 5 a 0 ao Fisterra, nun partido moi serio dos locais frente a un equipo que moito terá que cambiar para lograr mellores resultados. Houbo moitos destacados no Malpica: Andrés, Neucha, Cheo, Rancaño, Eloy, Charli,... todos estiveron a un bo nivel e deron a primeira alegría aos presentes.
A cruz da historia estivo o sábado, ainda que fora un amistoso, dónde os xuvenís perderon contra o Coristanco que entrena o noso ex-xogador Julio. Este ano os rapaces, con moitas incorporacións,ainda xogan sin orden nin colocación. Moito terá que pelexar Esmorís para que den o nivel. Acabaron o partido 0-5 e as ocasións foron para o equipo rival. Houbo incluso unha pelexa entre xogadores que se solventou como se pudo, botando fora ao noso novo xogador Carlos, que ten moita calidade para xogar e non a debe estragar nesas cousas.