A S.D. Sofán dou a entender porque está nos postos altos da clasificación. Claro que tamén a S.C.D. Malpica o fixo. Foi un partido igualado. Na primeira mitade as ocasións foron para o Malpica. Despois de que David Blanco fallou un penalty, Neucha de falta directa acertou a marcar. Sin apenas ocasións anteriores empatou o Sofán ao borde do descanso con un gol que podíase haberse evitado. Na segunda parte sí que tiveron os de Sofán o dominio do balón. Puderon gañar con un penalty que parou extraordinariamente Toni e noutro penalty que o árbitro non quixo ver por man de Carlitos. O noso cancerbeiro andivo moi fino. Non así o dos rivais que foi expulsado por chamarlle "sinvergüenza" ao colexiado, despois de que éste lle pitara unha man por sair da área grande para face-lo saque en largo do balón e lle sacara tarxeta amarela.
Pola sua banda, os xuvenís naufragaron en Ponte do Porto perdendo co Porteño por 3-0 (nun campo que nunca se nos dou ben e nun partido dónde non pudo estar Esmorís dirixíndoos) e os cadetes perderon co Mazaricos por 4-1.