No resto dos partidos xogados pola SCD, resultados variados. Malo nos xuvenís o sábado pola tarde porque perderon un partido contra o Soneira por 3-2. Os italianos teñen un dito no cual se resalta que si non se gaña un partido nos primeiros 80 minutos hai que evitar perdelo nos últimos dez. Bueno, pois os rapaces iban gañando a falta dos últimos dez. Incluso na primeira mitade desperdiciaron un penalty que podía supoñer o 0-2. Falta mata-lo partido co resultado a favor. O gol que decantou o partido foi sobre do pitido final por non querer darlle unha patada que fixera aparece-lo balón xunto ao porteiro deles. E acabábase o partido. Pretendeu o defensa driblar ao dianteiro e, ao non poder facelo, cometeu unha falta que supondría a derrota. E este ano estase a perder sempre pola mínima. Tamén e verdade que hai moitos xogadores de primeiro ano. Erros individuales foron os que fixeron perder os partidos polo que ainda hai esperanzas.Resultado menos malo o colleitado pola SCD Malpica que empatou 1-1 diante do Castriz. Este ano vese que o equipo sale metido no partido desde o primeiro. Marcou David Blanco moi pronto nun erro claro da defensa deles que lle permitiu prantarse solo diante do porteiro. E poido haber un marcador mais amplio a favor dos nosos. Pero chegóuse ao descanso soamente con un 1-0.
E na segunda parte quen saiu totalmente motivado foi o Castriz. Os nosos defenderonse con moito orden. Pero empezou a haber lesións nos defensas centrais. E calambres en Charli, que todavía non está ao cen por cen. E nun mal despeje aproveitaron eles para empatar nun golazo no cual Abraham non tivo nada que facer. Mal menor porque nos últimos minutos ainda poideron gañar si o noso porteiro non fai a parada da tarde. No cómputo total do partido, empate xusto.