Mal día para xogar ao fútbol ainda que o noso partido foi o que menos pasado por auga estivo dos dous que se xogaron. A hora das 12 da mañá e moi mala para poder tomarse algo ao acabar. E cómo comenzamos algo mais tarde do debido peor todavía.
Na primeira mitade xa tivemos a primeira oportunidade nada mais empezar. Castriño chegou sólo diante do porteiro e, cando tiña a Esmorís en condición inmellorable para darlle o pase e marcar, tirou ao séptimo ceo. Pouco despois chegou o gol de Ramón Angel, que aproveitou unha indecisión deles para prantarse ante o porteiro, regatealo e marcar. Pero cómo nós dedicamonos moitas veces a regalar cousas, Manolito liouse, fíxolle
un regate a un deles, marchoulle o balón cara Jesús Reborido que se fixo co balón e marcou.
Na segunda parte, estivo a punto de liarse todo o partido polos erros do árbitro, do cual falarei mais adiante. Marcamos o 1-2 en penalty transformado por Esmorís. Poidemos chegar ao 1-3 si nos pitan outro penalty moi claro que lle fixeron a Ramón Angel. Pero perdemos fuelle. E o Agualada viu que podía facer algo mais no partido e veuse arriba. Empezou a atosigarnos. E nós seguimos regalando. Un balón que si non o toca nadie chegaría sin problemas a Manolito quixoo frenar Almóvil co peito. Pero o balón foi claramente ao seu brazo. Penalty claro, en tempo de prolongación,transformado por Alfredo Rodríguez, que foi o empate a douses. Xa non houbo tempo para mais.
Mala arbitraxe de Juan. Sempre me gustou pola sua seriedade. Pero trabucouse. A favor nosa porque non pitou un penalty claro na primeira parte. E a favor deles: demostrou non coñecer perfectamente o reglamento porque un mal despexe que saiu cara o noso porteiro pitouno como cesión (voluntaria), con libre indirecto dentro da área grande.E casi se carga por doble tarxeta a Manolito, que protestou e moito.Tamén, como resaltei antes, non pitou un claro penalty a Ramón Angel que nos pondría 1-3. Ou sexa, que foi determinante no resultado. Eso sí, expulsou a Martuxa por unha impertinencia deste. Dámoslle un 1.
AVISO
As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
domingo, 15 de novembro de 2009
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario