FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de xaneiro de 2010

GOLEADA CON CONTUNDENCIA


E o equipo senior gañou ao San Lorenzo: 3-0. Con xente coñecida nas bancadas, incluidos varios xogadores do Sofán (Carlos, Diego, Varela, ...) que habían xogado o sábado. Aparte de que, por fin, eramos bastante xente asistindo ao mesmo. E o partido foi vibrante. Na primeira mitade o San Lorenzo controlou mais o centro do campo e tivo duas ocasións boas, sobretodo a primeira delas (desfeita en grande medida por Abraham) . Na segunda mitade soio houbo un equipo no campo: a SCD Malpica. Tiveron sorte os nosos no primeiro gol por fallo do central ao querer cederlle de cabeza o balón ao porteiro e cruzarse moi hábilmente David Blanco para mete-lo gol. Mais a partires de ahí o partido foi resolto con contundencia e sin pasar casi apuros grandes (eles reclamaron un penalty) con outros dous goles de Rancaño mais Eloy, salvo a absurda expulsión de Roberto Rancaño que pode dar problemas ao siguinte partido en Zas.
Aparte deste resultado, os cadetes gañaron con contundencia en Zas (2-6) e os xuvenís perderon en Camariñas (4-2) alargando este "Vía Crucis" en que se lle converteu a liga hasta que chegue a Copa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario