

Sábado de mañán. Partido dos cadetes contra o Corcubión. Perderon os nosos por 1-4. Sentenciaron xa dous tempraneiros goles do rival ainda que os rapaces tentarono todo.
Partido dos xuvenís o sábado pola tarde en Corme condicionado polo forte vento reinante. Os nosos escolleron campo co vento en contra na primeira mitade. E tiveronse que sacrificar para tapar as entradas dos dianteiros rivais. Na segunda parte, co vento a favor, marcaron dous goles por medio de Gonzalo e Iván (nun gol no que o balón casi que non quería entrar pola cantidade de remates a porta) que parecían sentenciar. Pero o Corme reduxo distancias e mais o árbitro expulsou rigurosamente a Jorge. Pero nunha contra dos nosos, Gonzalo fae pase adiantado a Miguel Dourado que fusilou o 1-3.
