FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de novembro de 2009

CERQUEDA 4 - MALPICA 1










E xogouse o derby. Con bastante público, con sol, chuvia e hasta granizo. E gañou o que mais o mereceu, o Cerqueda, sobretodo na última media hora do partido. Porque hasta entonces non houbo gañador.
Xogamos, nos e eles, unha primeira mitade moi seria. Ninguén daba un balón por perdido. A mellor ocasión tiverona eles por medio de Richard, que se encontrou un balón sólo xunto ao pao dereito da portería e, incomprensiblemente, mandouno fora. Pero o empate era, a esas alturas, xusto.

Na segunda mitade seguimos xogando seriamente. E adiántamonos nun corner cabeceado por medio de Ramón Angel. Pero o que tiña que ser decanta-lo partido ao noso favor foi desfase defensivo que foi aproveitado por David Ordoñez, centrou ao segundo pao e cabeceou Adrián. Volta a empezar. De seguido, un balón fácil perdeuse entre Lancha e Luis, centro a área pequena e cabezazo de Fran. E ahí acabouse o partido. Porque a media de edade dos equipos empezou a notarse e o Cerqueda a impoñerse. Voltaron a marcar en duas ocasións mais por medio de Jose R. Lema e Adrián. Nós xa non tiñamos ánimos para segui-lo xogo.
En canto a Jose Antonio, sólo temos que decir que non é facil pitar un derby. O Cerqueda protesta TODO. Tanto protestou que pitou unha cesión na área de Suso que sólo eles viron. E PITARON. Non se lle ocurriu meter tarxetas nas faltas que SÍ houbo por PATADAS CLARAS dos dous equipos. Pero, salvo nesa cesión (que non tivo resultados), non foi decisivo no transcurrir do partido. Dámoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario