
Nos demais partidos dos equipos bases, primeira victoria dos nosos cadetes en Vimianzo contra o Soneira, victoria con moitísimo mérito. E en canto aos xuvenís, pao gordo coa mala caída do porteiro Victor, que condicionou e moito o partido. Unha vez que él non estivo (porque marchou para o centro médico, do cual xa saiu e está ben) e o equipo pasou a xogar con un xogador de campo no seu sitio (Eloy) o partido foi un coser e cantar para o Sporting Zas, con unha aficción que non parou de jalear ao seu equipo para meter mais e mais goles. E os nosos, a capea-lo temporal. Pero iso danos a lección de que queremos ir de bós pola vida cando hai outros equipos que non o fan. En fin, o obxetivo deste ano e facer equipo forte de cara as tempadas que veñen.