Empate a ceros pola tarde da SCD Malpica frente ao Carnota. Partido condicionado por un árbitro que expulsou a Andrés por un rifi-rafe con Cololo, que o andaba buscando. Como buscaba tamén, como un poseso, o nº 2 deles a Neucha. E ningún deles saliu expulsado. Porque o árbitro buscou outro cabeza de turco para arreglar a desfeita que había provocado coa expulsión anterior. Esperamos non volver a velo mais en ningún dos partidos do Malpica. Polo ben do equipo.
O partido estivo equilibrado en xogo. Pero as duas ocasións mais claras foron ao final do partido con grandes intervencións de José Angel.
Os xuvenís gañaron ao Baio 5-3 nun partido que empezaron gañando (5-1 ao descanso) e tanto se confiaron que o rival estivo a punto de sorprender. Os cadetes pola sua parte perderon por 0-4 contra o Bergantiños B. Hai que esperar. E ir gañando tempo.