Partido xogado con un frío glacial. Tamén tivo que contar e moito o abundante vento xélido que houbo en Pedra Queimada. Casi que morremos todos conxelados. O San Lorenzo, sin querer desmerecer, casi que sin ocasións de gol terminou goleando.Pero é que o que non estivo nin un solo momento no partido foi o noso porteiro. Como tamén destacar que sólo fomos trece a xogar. Os demais andan ou lesionados ou desaparecidos.


Na
primeira mitade xogamos a favor de vento pero bastante desconxuntados.Un mal saque de porta de Manolito deixoulle en bandexa o balón ao dianteiro que fusilou a pracer. Empatamos por medio de Lancha de forte tiro. Outro mal despexe da nosa defensa deixoulle o balón en bandexa a outro deles que marcou entre as pernas de Manolito. Empatamos por medio dun penalty absurdo deles que transformou Lancha. E chegou o fallo mais tonto: balón deles en largo, Tino que retrasa o balón de cabeza e o noso porteiro, cando tiña todo a favor para recolle-lo balón coas mans, quixo despejar de pé fallando e deixando todo a favor para que un deles empurrara a pracer a rede.


Na
segunda mitade xogamos en contra do vento e, sin embargo, fixémolo bastante ben. Tivemos bastantes ocasións para empata-lo partido pero o porteiro deles salvounas con bastante mérito. E de poder empatar, na única ocasión que se achegaron a nosa portería tiraron e Manolito, para redondear a mañán, despexou defectuosamente cos pés e o balón entrou coa acción do vento a propia portería.
Non houbo grandes faltas. Juan non tivo moitas ocasións para liala. Nin grandes complicacións. Dámoslle un 2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario