FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de xaneiro de 2010

MALOS RESULTADOS PARA O XOGO HABIDO...

...e, por certo, con arbitraxes casi perfectos en cualquera dos dous partidos da SCD. O sábado pola tarde os xuvenís xogaron contra o Bergantiños en Pedra Queimada. O principal problema dos rapaces é que vanse do partido cando teñen o marcador moi en contra. Na segunda mitade gañaba o Bergan 1-3 e poido ampliar o marcador por fallos de concentración. Foi marcar o 2-3 e o Malpica volveuse a facer co partido, a crear ocasións para empatalo e os rivais acabaron pedindo a hora.
Onte xogou o equipo senior en Fisterra. Partido dos que fan afición nesta liga da costa. Vibrante de principio a fin polo interese mostrado polos dous equipos. Hai que decir que o noso equipo non tivo sorte. Empezou perdendo 2-0 en un primer gol de pase ao hueco detrás da defensa e bo aproveitamento goleador, mais un segundo gol que poucas veces se lle ten que facer a un equipo. Chegouse ao descanso perdendo 2-1 porque Cheo aproveitou moi ben un pase en largo que rompeu a defensa. Na segunda parte dominio da SCD pudendo empatar pero ao contrataque o Fisterra fai unha xogada de tiralíneas. O tiro final vai ao traveseiro, golpea posteriormente na espalda de Toni e entra. Todavía seguimos no partido porque Neucha fixo unha xogada maxistral e marcou de gran disparo. E o equipo puxo acoso a meta rival. Mais outro día con moitas menos ocasións marcanse moitos mais goles. David Blanco e Iago tiveron unhas ocasións inmellorables pero o balón non quixo entrar. Como mínimo o empate a tres faría mellor xusticia ao visto no campo.E acabar decindo o partido terían que xogalo os c... da federación. Polo menos, si alguén se ten que lesionar, que sexan eles, non os xogadores dos dous equipos e o árbitro que poñen a piel e todo o pundonor nesa leira que non é digna dun pobo como Fisterra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario