FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de xaneiro de 2010

PORTEÑO 0 - MALPICA 0

Para as condicións metereolóxicas que vivimos nesta fin de semana, xa achegarse a Camariñas sin sufrir un accidente pódese considerar milagroso. Un puñado de locos pertenecentes aos veteranos de Malpica fomos a xogar contra outro puñado de locos do Porteño en partido posto para as sete da tarde do sábado. E todo-los xogadores dos dous equipos fixeron un partido moi , pero que moi serio.
Partido sin goles pero non sin ocasións de gol. Estreamos porteiro. E qué porteiro. Desesperou ao equipo rival. Na primeira mitade tiveron un par de ocasións claras pero Sergio fixo o que había que facer para desbaratalas. Nós tivemos tamén outro par delas, incluido un penalty clarísimo sobre Ramón Angel que o árbitro non soubo ver.

Na segunda mitade houbo ocasións para todo-los gustos. O dominio foi alterno. Defensivamente os dous equipos tomaron precaucións para non verse sorprendidos. Xa na recta final do partido, ao Porteño anuláronlle un gol por fora de xogo que os poucos espectadores das gradas así viron pero que os xogadores rivais negaron no campo. Nos momentos finales houbo acoso do Porteño nos saques de esquina para buscar o gol decisivo (así nos gañaron o ano pasado) pero o marcador non se moviu.
De Rafa pódese falar medianamente ben personalmente pero, cómo árbitro, deixa bastante que desexar. Xa dixen antes que non soubo ver o penalty pero é que estaba lonxe, no noso campo. Incluso non pitou faltas moi evidentes feitas por ambos equipos nin tampouco sacou algunha tarxeta clara que houbo. Tamén pitounos unha xogada moi curiosa: según él, o noso xogador Carlos estaba a comerlle a orella. Neses intres o balón chegounos vinte metros mais adiante de dónde se desarrollaba a reclamación, en condicións francas para xogalo pola nosa parte. Pois él parou o xogo e pitou falta a favor do Porteño ¡no punto dónde estábamos a xogar ! ¡vinte metros mais adiante! Cando lle dixen ¿qué pasaría si chegase ao noso porteiro? Respostou que pitaría libre indirecto dentro da área. Como si o infractor non fora o que lle estaba a falar sino outro dos nosos que xogara o balón nese momento. Dámoslle un 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario