FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 24 de novembro de 2009

¡O MALPICA NON ENTENDE DE MÚSICA!

O pasado domingo en Pedra Queimada, tivo lugar un acontecemento planetario, sublime, un día para recordar, do que foron testigos o equipo do Leiloio. Non sabíamos que o noso porteiro dominase todos os xéneros musicais, e deleitounos con varios éxitos do seu repertorio persoal:
"Mami, el portero no puede", "Cantando bajo la lluvia" etc.
Actuación moi aplaudida polo equipo rival; tal foi o grao de perfección que incluso o levaron en brazos ao final do partido ata o bar de pinchos máis próximo. O máis curioso que os xogadores do Malpica non entenderon esas mostras de afecto do equipo rival hacia o noso porteiro, polo que rematamos por asumir que non temos cultural musical, ¡unha pena!
Tamén hai que decir que estivo moi ben acompañado polo magnífico coro defensivo "The Espabilation Quartet Boys"
Instantánea sacada varias horas despois de finalizar o partido, na praia de Malpica...

Sentido musical non teremos, pero somos todo poesía, senón que lle pregunten ao finalista do III certamen da Poesía Erótica, "Illas Sisargas", o noso xogador mediático e poeta, Esmorís de La Vega:

Teus beizos como marajota de outono
Teu cu jrasento e respingón
Teus peitos duros e firmes
e con sabor a limón

Teus peitos cántaros de mel
Longos ata a falda
con pequenos movementos
chejan ata espalda
Podía seguir pero trémenme os dedos e saltánme as bágoas ante tanto sentimento...

Ningún comentario:

Publicar un comentario