


Non pasou nada, seguimos xogando. Empatamos por medio de Ramón Angel. Cando non había dominio de ningún dos dous equipos, nun balón que chegou a nosa área , meteu a punta da bota o nº 21 (Ceán) e, co beneplácito de Manolito, marcou gol. Empatamos de novo por medio de Ramón Angel, que cabeceou unha falta botada por Lancha. Cando se supoñía que endereitaramos o rumbo do encontro, Núñez chuta desde o medio campo, e , coa axuda do vento e da inopia en que estaba Manolito, meteu gol. Xa non quedaba mais que atacar a desesperada. Pillo regalounos un penalty que tirou Ramón Angel, moi mal, as mans do porteiro. E ahí acabouse o partido.
Duas consideracións: a primeira, que cada vez que Ramón Angel mete dous goles ou mais, nunca gañamos, o cual xa debería de mosquear ao noso compañeiro pero que o toma con evidente sentido do humor. A segunda, o baixo nivel do noso porteiro: non é o Manolito que empezou a liga. E notámolo bastante.
En canto a Pillo hai que decir que non incidiu moito no resultado. Tamén e verdade que poidemos marcar nós primeiro si pita o penalty da primeira parte, e poidemos empata-lo partido finalmente si marcamos o penalty que nos deu. Deixouse influir algo polo que o banquillo do Leiloio lle berraba. Pero en líneas generales foi unha arbitraxe normal. Dámoslle un 2.
¡Xa postos tamén lle podíamos dar unha aperta! (o árbitro)
ResponderEliminarCon todo-los respetos, eu prefería que viñeran mulleres a arbitrar. Dáballe todo-los apertas que quixeran.¡O comité ten a última palabra! ¡revolución xa!
ResponderEliminar