FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de xaneiro de 2010

CITA EN A ESTRADA...

...e co CD Estradense de Veteranos. Esperaban, como sabíamos que non iba a ser doutra forma, cos brazos abertos. Esto que empezáramos o ano pasado non se pode perder. Os encontros con eles son unha festa desde que empezan no partido de fútbol hasta que non hai mais remedio que marchar.
O partido, que nestos casos sería o de menos, finalizou con empate a ceros. Eles teñen un equipo casi que profesional. E nos puxemos moitas ganas. Si as ocasións claras foran gol o partido acabaría mais ou menos 8-2. Pero o porteiro que tivemos hoxe (e que será seguramente porteiro noso a partires do mes que ven), Sergio, estivo segurísimo debaixo dos paos. Por certo, aparte desta novedade e de que do equipo de veteranos nada mais que faltaron cinco (Manolito, Fino,Luis, Pepe e Tino), temos que destacar outras duas incorporacións: voltou a xogar Jose Manuel Regueira, que ainda que non debutou oficialmente no seu momento por culpa dunha lesión de menisco en Cabana na pretemporada da primeira liga de veteranos, tiña forzosamente que retornar a estar co equipo. E tamén pasa a formar parte deste equipo el asturianín, Guaje, como estamos a chamarlle cariñosamente todos. Posteriormente a ducha obrigada pasamos a tomar algo no bar e posteriormente a comer un sensacional cocido. Todo xa amenizado por Juan e o seu grupo. Ainda que está recién operado da tiroides puxo todo o seu entusiamo, como non podía ser menos, e dou mostras de domiñar toda-las formas musicais para conseguir unha festa das boas.


Houbo agasallo a todo-los nosos (unha botella de augardente de A Estrada cos símbolos dos dous equipos) entregado personalmente a cada un dos que integraban a expedición polo noso querido e admirado Victor Lomba. De ahí hasta o final festa rachada e traslado ao autobús, baixo unha chuvia intensa, para voltar a Malpica. Haberá mais fotos, por suposto. Faltan as de Marajota.


Ningún comentario:

Publicar un comentario