O autobus estaba repleto, no asiento do conductor tivemos que acomodar a duas persoas máis, as filas impares tiñan que deixar de respirar de 3 a 4 minutos para non empañar os cristais, os xogadores con apelidos da A a J tiveron que ir no mesmo asiento; incluso Alberto, o causante de toda esta excursión, tivo que buscar un lugar adaptado a súa categoria.
Día de homenaxe a amizade e ó bo "rollo" na Estrada. Os dous equipos de veteranos pasamos unha tarde para non esquecer, eles puxeron o fútbol e nós a presencia. Dende aquí queremoslles agradecer as atencións prestadas a todolos integrantes da expedición do Malpica...Hai xente que non pode esperar a demostrar os seus instintos primarios na intimidade, e no bar houbo escenas moi subidas de tono, calificadas polos asistentes con 3 rombos...
¡Como a noite o merecía, algún dos xogadores aproveitaron para facer unha limpeza a fondo por si acaso!
Esta foto foi remitida por correo urxente ao programa de Iker Jimenez, porque os xogadores do Malpica, coñecemos o "fojete da banda dereita" - Fernandinho Asfecao, e xuramos que só ten dúas mans, pero móveas tan rápido para o que lle interesa, que na instantánea sacada parecen que ten varias mans..
¡Si movera a metade de rápido as pernas, estaríamos loitando polo campeonato!
A noite e a grande inxesta de "auga de fogo"pudo con nos...

Ningún comentario:
Publicar un comentario