FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de febreiro de 2010

AT. MILAGROSA 4 - MALPICA 1

Xogamos as dez en Carballo. Tivemos un tempo mais que aceptable visto o visto na tarde. Enfrente tivemos un dos equipos mais xóvenes desta segunda división. E xogamos de azul por coincidencia no color das camisetas. Ainda que xa anticipo que será o color co que próximamente pasaremos a xogar.
O comenzo da primeira mitade non poido ser mais demoledor. Saque inicial con tiro desde o mediocampo e gol. Así de simple. Con ese resultado en contra empezamos a move-lo balón. E achegarnos a portería rival. Tres fallos seguidos e no último cantábase o gol, pero Esmorís tirou fora cando o mais doado era metela dentro. A partires de ahí segundo, terceiro e cuarto achegamento dos rivais en dez minutos e caeron os outros goles, ainda que Martín se come un fora de xogo garrafal nun deles. Os goles foron conta de Miguel (2), Sergio e Santiago. E fomos con un 4-0 para a caseta en sólo catro xogadas de ataque do At. Milagrosa, non sin antes fallar Esmorís una vaselina co porteiro adiantado e Tono un balón de cabeza sólo diante do porteiro.


Na segunda mitade xogamos moito mellor. Movemos o balón, fixémolo circular. E tivemos mais ocasións. Pero o noso e fallar goles. Eles sólo terían un par delas contra o final do partido. Pero fomos nós quenes metemos gol en contragolpe que sacou Abel cara o segundo pao e o Guaje empurrou adentro.

Martín non tivo culpa nos nosos fallos. Seguramente tería que saber marcar fora de xogo cando un dianteiro volta da área rival, por detrás da defensa, e recolle finalmente o balón en posición legal. Pero non incidiu no resultado (xa dixen antes que o que nos matou foi a diferente efectividade e o remate das xogadas claras de gol). Dámoslle un 2.

3 comentarios:

  1. Estoume fijando que estades algo desanimados,veña ostras a levantar esos animos ,o importante de todo esto e divertirse e de disfruta o domingo pola mañan dos amigos ,que nos xa non estamos para ganar champions estamos pa pasalo ben e facer algo de deporte. Pero bueno a clave sigue sendo
    ALATAQUI,ALATAQUI ,ALATAQUI............
    Saludos para todos e repito a levantar esos animos.

    ResponderEliminar
  2. no de divertirse ao acaba-lo partido non hai problema, Suso. no de divertirse xogando téntase pero a veces sale e a veces non.a táctica ALATAQUI, ALATAQUI, ALATAQUI... fáese pero os balóns terminan saindo FORA, FORA, FORA...desespera a calquera pero que lle vamos a facer, esperar a que cambie a racha. un saudo.

    ResponderEliminar
  3. ¡Home eu na casa teño que maquillar o resultado moitas veces, senón o meu sogro ríse de min! Pero créeme que cada día pasámolo mellor, o ambiente é cojonudo, agora disfrutamos coa xente,vamos todos ao campo e tamén nos gusta gañar pero non a calqueira prezo

    ResponderEliminar