Mañán moi fría para xogar ao fútbol. Visitabanos o Dp. Carballo, un equipo parecido ao noso con parecida clasificación. Trata moi ben o toque de balón e non da moitas patadas.
Na primeira mitade marcaron eles cando lle chegou un balón solto dentro da área ao seu nº 7, Juan José Alvarez, que sólo tivo que colocalo lonxe do alcance do noso porteiro. Nós simplemente quixemos pero non poidemos porque a verdade é que últimamente non carburamos ben. Si cadra a mellor ocasión que tivemos foi un penalty que non viu Luis por mán clara a unha falta sacada por Alberto.
Na segunda mitade conseguimos o gol do empate en asistencia de Esmorís a Castriño que estaba sólo en boca de gol e non tivo mais que empurrar. E topámonos coa expulsión do goleador deles por faltarlle ao respeto ao colexiado. Pero non fomos quén de achegarnos con peligro a sua portería. E o partido rematou con ese empate.Arbitrou Luis . Non o fixo mal. Pudo ser que non vira a man que supondría ser penalty. Tamén estivo correcta a expulsión porque estaba avisando ao xogador pero éste mandouno "tomar polo c..." . Houbo mais protestas pero non creo que incidise no resultado. Dámoslle un 2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario