FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 30 de marzo de 2010

¡POR FIN!

Empezamos moi ben o ano, batendo a rivais máis fortes ca nos, pero non poidemos seguir co mesmo ritmo, fallounos o difusor, unido todo elo a que os nosos corpos non teñen os mesmos aleróns nin a mesma aerodinámica co resto dos equipos: !habería que ver a Fernando Alonso correndo coa marca John Deere na formula 1 - (non sería o mesmo)!.
De todolos xeitos dende éste mítico equipo estamos contentos de colaborar no reparto de puntos ao resto dos equipos. Para o ano que ven vamos anotarnos nesta liga como a ONG "Paquetes sen fronteiras" e en Europa como "The ones who suffered of the our woman of the little body" - Os sufridores da nosa señora do Corpiño.

Aproveito os derradeiros coletazos desta liga para denunciar unha presunta malversación dos fondos destinados a fichaxes da muller do presidente do Malpica de veteranos: utilización do vehículo oficial do club para ir de compras ao Karrefur e a butic da Jenara.
¡Non quero meterlle toda a culpa ao presidente, pero éstes rumores non axudan nada a moral do equipo!
Menos mal que Von Castroff, está ultimando as novas modificacións no tunel de vento do club, para empezar con forza para a vindeira campaña....

Ningún comentario:

Publicar un comentario