Homenaxe por todo o alto a figura de Jose Luis. Xuntáronse os Veteranos do Xuventude e unha selección de Veteranos da Costa da liga presente, ademais do equipo de chave de Cances, dónde él tamén participaba e unha chea de xogadores e árbitros veteranos desta liga. O de menos foi o resultado no campo. O mellor foi que se dou un espectáculo de camaradería e saber estar por parte de todos.
Ao remate do partido houbo reunión no local social. Asistimos alí a unha emotiva entrega de agasallos ás fillas do finado Jose Luis, aparte de ver unha serie de videos e fotos da sua traxectoría deportiva. Puxen tres das fotos que Sindo mostra no blog e podedes ve-la cara de Fernando cando él mais Modesto entregaron o agasallo do Comité da Liga. Sobran as palabras. E creo que é de total xusticia que o PREMIO que a Delegación Territorial do Comité de Árbitros concede a DEPORTIVIDADE cada ano leve a partir de agora o seu nome, tal e cómo anunciaron.
Para acabar tomamos uns pinchos perfectamente preparados pola Asociación San Campio que fixo de excelente anfitriona durante a velada. Moitas grazas a todos.
Gracias a vós por vir o Memorial e tamén por publicar esta entrada no blog, a Asociación Deportivo Cultural Xuventude de Bergantiños de Cances estavos eternamente agradecida pola vosa presencia e participacion. ¡¡Gracias!
ResponderEliminar