FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 7 de xuño de 2010

CARNOTA 0 - MALPICA 1 ¡ OS NOSOS PASARON!











Pola porta grande. Así pasou a SCD Malpica ás semifinais da Copa da Costa. Diante tiña un bo equipo de fútbol, que fixo todo, todo o posible por pasa-la eliminatoria. Pero os nosos xogadores estiveron impecables, desde o primeiro hasta o último que pisou o campo. Con unha entrega ilimitada. Animados por unha bancada (guiada por Walter, un crack) que jaleou como nunca aos seus. Que se fixo notar durante todo o partido. E que os levou a gañar e domiña-la eliminatoria.
Agora toca o Dumbría. O último paso para poder chegar a xoga-la final da Copa da Costa. Un equipo de primeira rexional, o indiscutible favorito. Pero, sinceramente, creo que terían que pensar no equipo que teñen enfrente. Si piden datos (que os pedirán) o que poida informar diría que, aparte da calidad individual que atesouran, os once xogadores malpicáns non darán un balón por perdido. Seguro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario