FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de setembro de 2010

CORISTANCO 2 - MALPICA 1










Bueno, empezou o conto. Partido xogado nunha mañán estupenda para a práctica do fútbol, non tan calurosa como foi a tarde que houbo durante o partido dos seniors en Malpica, pero ainda así necesitamos bastante agua. O xogo foi rápido e sin xogo sucio nin violento, sobretodo si comparamos co que nos dixeron que pasou no partido xogado en Buño. Supónse que alguén esquenceu o que iba a ser esta liga cando a comenzamos fai anos.

O Coristanco empezou marcando nada mais empeza-la primeira mitade nun balón que mandou o seu nº 3, Antonio, desde lonxe por enriba do noso porteiro. Xogou este equipo con xogo moi veloz, ritmo altísimo (xogadores bastante xóvenes) o cual nos obligou a estar concentrados en todo momento. Pero despistámonos noutra xogada dónde o balón chegou ao nº 17, Juan, que cruzou diante da salida de Chouciño. A partires de ahí eles xogaron mais relaxados e nós empezamos a ter mais o balón. Despois de que Esmorís casi marca nunha xogada dónde querían face-lo pase atrasado ó porteiro e, despois de adiantarse e driblar, mandara alto, Castriño en xogada individual consigue librarse do seu marcador e, cando entraba na área, foi zancadilleado pitando o árbitro penalty, que transforma Carlos.

Na segunda mitade o Coristanco tivo algo menos de forma física e cedeu a iniciativa. O noso equipo foi o dono do balón. Tivemos algunhas boas ocasións. Eu falleu unha diante do porteiro (Añón, ¿pensaches que non me iba atrever a poñelo?) e tirei cruzado (ainda que Abel seguiu a xogada e casi marca). Tamén hai que decir que o porteiro do Coristanco estivo sensacional en todo momento facendo paradas de moito mérito. E así non fomos quén de empata-lo partido.

Arbitrou Jose Antonio e fíxoo ben en líneas xerais. Como novedade esta temporada non vamos a poñer nota (porque non creo que sirva de moito).

Ningún comentario:

Publicar un comentario