Despois da comilona posterior ao partido algúns fomos a tomar café, e co café chupitos. E a nebulosa que se supón pillamos foi aproveitada por algún/s desaprensivo/s para sacar a siguiente promesa: que un dos días de descanso dos veteranos na liga fora aproveitado para ir a Santiago en bicicleta desde Malpica. Ou sexa, que ben sexa o 21 de Noviembre ou o 6 de Marzo temos que poñernos a labor de acudir a Praza do Obradoiro. Esperemos que os demais veteranos secunden a idea porque si non vamos a ir un grupo moi pequeno:
¡ÚLTIMA HORA! Cómo podedes ver na páxina do Comité da Liga de Veteranos xa non vai haber descanso na liga porque incorporouse o Muros na liga de segunda división e xogará cada semana co equipo que en principio iba a descansar. Home, queda como posible solución qué, en lugar de ir a Santiago, tocase madrugar e fósemos a Muros en bicicleta (que tamén é un bo palizón) ainda que se perdera o carácter simbólico do asunto ou deixar o de Santiago para cando descansemos na liga (Navidades ou Semana Santa) ou, simplemente, non cheguemos a facelo. En fin...
Ningún comentario:
Publicar un comentario