FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de setembro de 2010

MALPICA 4 - LEILOIO 1










Empezamos a xogar. Ou polo menos tódo-los xogadores do noso equipo fixeron un partido mais que aceptable contra un rival que se aplicou tamén pero ó que lle faltaba o seu home mais decisivo, Michel.
Na primeira mitade acabamos 1-0 nunha xogada dónde o balón chegou centrado a Castriño, que quixo cabecear a gol fallando pero dándolle en fallo o balón a Guaje que fusilou a pracer.
Na segunda parte estivemos incluso mellor. Nunha asistencia desde a dereita Carlos fixo o 2-0 adiantándose e roubándolle a carteira ó defensa. Eles acortaron distancias nun perfecto tiro en vaselina desde lonxe de José Núñez. O 3-1 chegou nunha xogada preciosa da nosa dianteira con pase final de Castriño a Añón que marcou de forte tiro. E finalmente o 4-1 chegou nun contragolpe de Guaje que fixoo todo para marcar pero tirou a base do poste e Esmorís que seguiu perfectamente a xogada marcou a pracer.
Casi que ao final houbo un pique entre Esmorís e José Muiño, saldado por éste último da peor forma posible, facendo unha entrada moi forte contra o noso dianteiro que casi se parte contra o noso banquillo. O mesmo autor deuse conta do inapropiado do feito abandonando o campo sin ser expulsado por Martín, que meteralle tarxeta amarela.
Hai que decir do árbitro que mostrou mais tarxetas por protestar (tamén é verdade que non o deixamos en paz os dous equipos) que polas varias entradas que houbo ao largo do partido. Tamén lle fixo caso a defensa do Leiloio pitando varias foras de xogo, algún deles de forma increíble porque os nosos dianteiros arrancaban en posición totalmente legal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario