A noticia da retirada do crack de Cabana, correu coma a pólvora por toda a bisbarra, un equipo de Informe Semanal desprazouse hai uns días ó seu domicilio pero non da sinais de vida.
Unha pena o da súa retirada (o comité arbitral non pensará o mesmo)....
Pero as verdadeiras razóns para que tomase ésta decisión veñen de moito atrás: según o seu pediatra, o Carioca estaba chamado a ser un neno que daría moitas "noites" de jloria, e moi pronto a rivalidade entre ambos irmáns comezaría a ser patente, ¡o distanciamento estaba cantado!
O Carioca escolleu un equipo gañador de tendencia cristiana, (non coma o seu irmán: un equipo ateo e de borrachuzas) pero pronto se pasaría ao lado escuro, donde as súas excentricidades non pasarían inadvertidas para o resto dos seu compañeiros: amigo de festas e bacanais sen horario, rodeábase de xente un pouco rara. O tabaco, driojas e mulleres eran algo habitual no vestiario....
O seu compañeiro e rival deportivo na dianteira do Cabana de Veteranos nun principio intentouno levar polo camiño correcto pero acabou deixandose arrastrar polo vicio cara o mundillo da farándula.
Profesionalmente as cousas lle van mellor aínda que o negocio de comidas non é o que era; éste sector está contínuamente renovándose co que non lle quedou outro remedio que adaptarse aos tempos que corren, e dar, en sesións pechadas, a altas horas de madrugada un servizo de cátering especial para o mundo feminino.
Profesionalmente as cousas lle van mellor aínda que o negocio de comidas non é o que era; éste sector está contínuamente renovándose co que non lle quedou outro remedio que adaptarse aos tempos que corren, e dar, en sesións pechadas, a altas horas de madrugada un servizo de cátering especial para o mundo feminino.
Jajajajajaja...es criminal compañeiro!. Aljun dia teremos que facer unha fusión e xuntarnos para armar unha boa.
ResponderEliminarTi o que queres e réplica...e secadra ainda vas ter, que deixei de poñer as botas os domingos, pero os dedos siguen activos!!!
Non deixes nunca de facer rir a xente, se eu descanso un pouco tamén é porque sei que con este blog queda a plaza mais que cuberta.
Es un CRACK!
PD: xa se me acaba de ocurrir aljo.....jaja
Ay si eh carioca!!.... Tiñalo ben calado!!...jajajajajaa boisim
ResponderEliminaro