Xogando sin porteiro (dándolle as grazas a Alberto por da-la cara e poñerse) contra dun equipo que , tal e cómo se reforzou este ano, seguramente acabará ascendendo. Resultado claro. Se cadra ainda hai que agradecerlle que non quixeran cebarse e meter mais. Demasiada ventaxa é ter, entre outros, un centro do campo con Manín e Mario mais un dianteiro como o mister do San Lorenzo, Oscar, que ten unha punta de velocidade que a todos nos semella supersónica. Por certo, nós xogamos sin dianteiros claros, Esmorís e Castriño lesionados e o Guaje desaparecido.
Na primeira mitade terminamos 0-2. Mentras as forzas responderon eles meteron dous goles, o primeiro por medio de Martín que solucionou entre dous defensas en pase en horizontal desde a línea de fondo. O segundo de Oscar, que fixo un gran cambio de ritmo e prantouse soio diante de Alberto.
Na segunda mitade, co San Lorenzo xogando a medio gas, démoslle varios agasallos en forma de gol. Marcou o terceiro Miguel nun tiro lonxano alto que Alberto non soubo atallar. O noso gol da honra marcouno Añón en xogada protestada por eles que pedían fora de xogo. E redondearon a goleada Francés e Juan aproveitando balóns que claramente pudemos despexar fora dándollos para que os meteran.
O árbitro foi Rafael. Non tivo que ver no resultado ainda que debería de ter mais personalidade para cortar os roces que houbo por tonterías de xogadores nun partido que non tivo entradas fortes pero sí enfrentamentos cando o marcador era moi evidente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario