FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 16 de novembro de 2010

AS NOVAS "CHEERLEADERS" DOS VETERANOS

Dende a aparición do fruto dunha relación adúltera, o noso lateral esquerdo, Fray Luis de las Mercedes, escolleu unha vida sinxela, fora dos pecados carnais e dos impulsos máis escuros: " A vida de castijador femenino tocou a seu fin, non podo soportar máis malleiras da miña dona" - declaraba o interesado á prensa rosa desprazada ao campo de fútbol de Pedra Queimada.
Tamén aproveitamos ésta semana para criticar (un pouquiño) varias actitudes que persisten durante os partidos, sobre todo dos laterais da banda dereita, antes, durante e despois do partido. A banda dereita é unha coladeira, cada vez que intentan dar un sprint e sudan un pouco non lles vale a botella de auga do banquillo, ¡xa traen da casa algunha bebida isotónica...!
Tamén estamos de noraboa, pola feliz idea da directiva de contratar varias animadoras de prestixio para elevar a moral dos xogadores despois das malleiras recibidas nos últimos partidos.

Temos que darlle as gracias a Esmorishino por convencer a varias admiradoras do seu fútbol e doutros atributos, que poucas veces ven o sol.


Ningún comentario:

Publicar un comentario